O Movemento polos Dereitos Civís expresa o seu apoio incondicional á concentración solidaria coa activista saharauí Aminatou Haidar prevista para este domingo en Compostela.
Desde o colectivo tamén se denuncia a actitude cobarde dos gobernos español e marroquí que antepoñen cuestións diplomáticas dun conflito territorial mal solucionado, como é a descolonización española do Sahara, á preservación dos dereitos dunha persoa, como é Aminatou Haidar.
A asociación quere tamén pór de manifesto que ao igual que Aminatou son moitas e moitos os saharauís que ven cada día pisados os seus dereitos como pobo. Ademais, e estendendo a solidariedade manifestada anteriormente, o Movemento quere facer pública a reivindicación do dereito á autodeterminación de todos os pobos que están sufrindo violacións constantes e diarias dos seus dereitos.
Por último, o MpDC quere salientar a enorme valentía e o coraxe da activista saharauí, que mantén íntegra a súa postura e, polo tanto, que lanza un sonoro berro en favor dos dereitos das persoas e dos pobos. Xunto coa sucrición ás actividades postas en marcha en solidariedade con ela, o colectivo traslada á propia Aminatou o seu máis sincero apoio.
O MpDC apoia a concentración solidaria con Aminatou Haidar
Written By MpDC on 11/12/09 | 18:11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario