Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC celebra que unha sentenza obrigue a readmitir os traballadores de Vidreira do Atlántico

Written By MpDC on 3/12/09 | 12:55



O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer a resolución do Xulgado Social Nº 1 de Ourense que sentenciou a Vidreira do Atlántico, S.A. a readmitir os dous traballadores ao declarar nulo o seu despedimento por non existir unha xustificación obxetiva e razoábel.
Aos ollos do MpDC enténde que o despedimento se debeu a unha represalia pola súa participación nas xornadas de folga e neste sentido recibe con entusiasmo a nova de obrigar á patronal a readmitir os seus empregados e pagarlles os salarios atrasados ademais de indemnizalos polos danos morais sufridos.
Desde o MpDC cremos que é o prezo xusto a pagar por unha empresa que vulnera os dereitos dos seus traballadores, como é o dereito á folga. Todos os traballadores teñen dereito, se queren, a secundar unha folga, para pedirlle a súa empresa melloras, sen que esta poda despedilos ou sancionalos dalgún modo pola súa participación.
Os empregados da empresa condenada levan anos pedindo que a administración e a xustiza sancionen e corrixan as prácticas de aproveitamento integral de persoas e recursos que leva a cabo a factoría.
Neste sentido, os traballadores de Vidreira do Atlántico venceron esta batalla en defensa dos seus dereitos, pero aínda lles quedan máis batallas por gañar, como é a da liberdade sindical que a empresa se nega a aceptar.
Desde o MpDC apoiamos a súa loita particular que busca o cumprimento dos dereitos dos traballadores. Así as cousas, animamos a todas as e os asalariados a que esixan aos seus superiores o cumprimento da lei para traballar cos dereitos que lles corresponden.

0 comentarios:

Publicar un comentario