Segundo un informe redactado polo Comisario Xefe de Lugo, “o Estado non pode facer fronte á loita contra a delincuencia actual coa acción única da Policía”. O responsabel afirma que “por razóns económicas” non pode aumentar o número de policías e di que “resulta menos gravoso e máis eficaz a instalación de cámaras de vixilancia”.
Se atendemos aos datos das empresas de seguridade, estas facturan 740 millóns de euros ao ano en sistemas de seguridade, algo que eentra en clara contradición coas afirmacións do Comisario Xefe, pois esta cantidade permitiría a contratación de, polo menos, 20000 axentes de seguridade.
No informe afirmáse, ademais, que “as cámaras de vixilancia producen seguridade subxectiva nos cidadáns”, algo que ven afirmando continuamente o Movemento polos Dereitos Civís, xa que a seguridade subxectiva non é seguridade real, simplemente é sensación de seguridade. Tamén afirma que as cámaras teñen un “efecto disuasorio nos potenciais infractores”, algo que non convence ao MpDC, pois cada vez é máis común ver imaxes de roubos nos que os delincuentes non se cobren.
Por último, o Movemento polos Dereitos Civís sorpréndese do contraditorio do informe xa que en xullo a Delegación do Goberno en Galiza afirmaba que "La crisis no ha aumentado la inseguridad ni los delitos en la comunidad, salvo en Pontevedra” E apuntaba tamén a que “la dispersión poblacional contribuye a que seamos un país tranquilo" celebrando a tendencia á baixa nos datos sobre delincuencia.
Se ben, o Comisario sabe perfectamente que a tendencia é alcista en todo o territorio do Estado. Ademais das mencionadas anteriormente, o colectivo ten outra crítica que facerlle ao dito informe, xa que nel se afirma que as principais causas da delincuencia son as novas tecnoloxías, os inmigrantes e os locais de ocio. Esta análise non deixa de ser superficial e propagandística de cara a crear alarma social cara estes colectivos.
A delincuencia aumenta en Lugo segundo o Comisario Xefe e en contra do que di a Delegación do Goberno
Written By MpDC on 2/12/09 | 18:10
Etiquetas:
Concello de Lugo,
Delegación do Goberno,
Dereito dos estranxeiros,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario