Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC sorpréndese de que o Ministerio admita apenas 107 cámaras de videovixilancia

Written By MpDC on 15/12/09 | 10:42

Segundo un informe do Ministerio do Interior facilitado ao Senado, na Galiza existen apenas 107 cámaras de videovixilancia. Son 32 cámaras máis que as cámaras recoñecidas polo Ministerio a finais do 2007. Estas estarían instaladas na Coruña, Santiago de Compostela, Ares, Lugo e Pontevedra. Case todas as cámaras autorizadas están denunciadas polo Movemento polos Dereitos Civís e non aparecen no informe outras que tamén foron denunciadas, algo que fai dubidar da veracidade do mesmo.
O informe consta dun anexo da Axencia Española de Protección de datos onde esta recoñece que apenas conta con 48 inspectores para todo o Estado. Unha cantidade ridícula para os case 3000 expedientes que se abriron, por exemplo, no ano 2007. A cantidade de inspectores resulta tan escasa que nese ano se abriron 2775 expedientes e apenas se resolveron 1886. Quedaron case 1000 expedientes sen resolver aos que hai que acumular os expedientes pendentes de anos anteriores. Por exemplo, no ano 2003 se abriron 1332 expedientes e se resolveron 917.
Non consta ningunha cámara autorizada en Ourense, sen embargo se recoñece un arquivo de gravación.
Aínda que resulte contraditorio, na Provincia de Ourense aparece un rexistro de gravacións cando non existe ningunha cámara pública autorizada en toda provincia.
A proliferación de cámara privadas
Segundo a Axencia Española de Protección de Datos existen 1612 arquivos de cámaras privadas e 22 de cámaras públicas en Galiza. As cámaras privadas non poden gravar a vía pública, sen embargo hai multitude delas que substitúen a labor da Delegación do Goberno vixiando as rúas no lugar dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. O caso máis destacado é o de Caixa Galicia que conta con decenas de sucursais con varias cámaras de 360º de visión na rúa. Nalgunha das sucursais suman ata 7 cámaras deste tipo.
Efectividade
Recentemente o Comisario Xefe da Provincia de Lugo afirmou que as cámaras producían unha sensación “subxectiva de seguridade”. Algo que dista moito dunha seguridade real, simplemente fan que os cidadáns se sintan máis seguros, pero é unha sensación subxectiva.
Por exemplo, nesa cidade a delincuencia seguiu subindo a pesar da existencia deses dispositivos.
Na praza do Toral de Compostela se produciron, nun mesmo ano, dous roubos e se romperon tres escaparates cando existen dúas cámaras nesa Praza.
Na praza do Humor da Coruña tiveron que redactar unha Ordenanza antibotellón pois as cámaras instaladas para ese fin se mostraron inuteis.
En Oleiros pintaron a estatua do Che mesmo cando estaba vixiada por cámaras de videovixiancia.

• Son 32 cámaras máis que o último informe do 2007
• Miles de cámaras privadas están gravando a vía pública en substitución das públicas
• Sigue sen aparecer moitas cámaras públicas instaladas como as da zona vella de Lugo e as da Deputación de Pontevedra.
• Galiza é cuarta comunidade con máis expedientes de investigación abertos pola AEPD
Cámaras que aparecen no informe:
1. A Coruña: O Concello da Coruña foi sancionado pola Axencia Española de Protección a raíz dunha denuncia do MpDC na que se advertía de que estas non cumprían coa lexislación vixente. Seguen instaladas
2. Santiago: Hai unha sentencia que ordena a súa retirada. Seguen instaladas
3. Ares: O Defensor del Pueblo reclamou ao concello que cumprira a lexislación vixente en relación coa video-vixilancia xa que estas cámaras foron instaladas sen ningún tipo de autorización. seguen instaladas.
4. Lugo (Polígono do Céao): Recentemente unha sentencia obrigou á Delegación do Goberno a entregar o expediente destas cámaras ao MpDC.
Cámaras que non aparecen no informe:
5. Lugo (Cámara da Zona Vella): A Delegación do Goberno recoñeceu ao MpDC que tiveron autorización pero que non foron renovadas. Estas cámaras seguen instaladas
6. Sada: Non aparecen non informe do Ministerio aínda que nun anexo da Axencia Española afírmase que o Concello foi sancionado pola súa existencia. Segue instalada.
7. Dirección Xeral de Tráfico de Ourense. Non aparecen no informe aínda que se sancionou á DXT pola existencia deses dispositivos.
8. O Grove: Non aparecen.
9. Vigo: Non aparece ningunha cámara.
10. Pontevedra: Non aparecen as cámaras da Deputación de Pontevedra.
11. Arteixo: Non aparecen as cámaras do CEIP

0 comentarios:

Publicar un comentario