A Agencia Española de Protección de Datos comunicou ao Movemento polos Dereitos Civís que vén de iniciar unha investigación logo de recibir o escrito que o colectivo remitiu á institución no que se interesaba polas cámaras de vídeovixilancia instaladas nos exteriores do diario El Correo Gallego e que toman imaxes da rúa.
Neste sentido, a entidade estatal informa ao MpDC que “se están realizando as oportunas investigacións previas de inspección co obxecto de determinar, coa maior precisión posíbel, os feitos que puideran xustificar, no seu caso, a incoacción de procedemento sancionador ou de infracción das Administracións públicas, identificando a persoa ou o órgano que puider resultar responsábel e fixando as circunstancias relevantes que puideren concorrer coa Lei de Protección de Datos”.
Ao respecto, o Movemento celebra que, logo do escrito presentado polo colectivo o pasado mes de xullo ante o organismo estatal para que informse se a empresa que se encarga da liña de autobuses que une Milladoiro con Compostela ten inscrito o ficheiro que contén as imaxes e sons gravados polas cámaras instaladas no interior dos vehículos no Registro General de Protección de Datos, así como se ten instalado as cámaras contando con todos os informes esixidos pola lei para ta finalidade, a AEPD decidise abrir investigacións sobre o que o colectivo entende unha vulneración dos dereitos civís.
Tales artefactos de gravación captan imaxes tanto do interior dos autobuses referidos coma da rúa a través dos vidros, polo que tal feito constitúe unha vulneración do dereito á honra, á imaxe e á intimidade persoal. O MpDC considera que deben primar sempre os dereitos fundamentais aquí citados. A tal efecto, o Movemento chama a atención sobre a instalación duns dispositivos de gravación sen existir indicios nin motivos suficientes para a súa presenza en medios de transporte público.
Ademais, xa que o caso que nos ocupa se emarca dentro da lei 4/97 que di que son as Forzas e Corpos de Seguridade os que poden instalar os dispositivos aos que nos vimos de referir. Xa que logo, a Agencia debe determinar as responsabilidades da instalación de tales cámaras.
Protección de Datos inicia unha investigación polas cámaras dos autobuses que unen Milladoiro con Compostela
Written By MpDC on 3/11/09 | 10:01
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario