Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A reparación da memoria histórica

Written By MpDC on 10/10/09 | 12:46

Hai escasamente só quince días, vimos de recibir a brillante nova sobre a aprobación por parte da Corporación Municipal da Coruña, cos votos a favor do grupo de goberno –PSOE e BNG- e a abstención do PP, de retirar 53 símbolos e distincións franquistas, así como o cambio de nome de 22 rúas, grupos de vivendas e prazas.

O Concello da Coruña aplica así a Lei da Memoria Histórica dous anos despois da súa aprobación no Congreso dos Deputa- dos e un ano máis tarde de que a Corporación municipal herculina acordase o nomeamento dunha comisión de expertos para a designación dos símbolos franquistas que se suprimían.

Deste xeito, e coa posta en práctica desta Lei, exáltase o pluralismo e defensa pacífica de todas as ideas, articuladas nun Estado social e democrático de dereito con clara vocación integradora. Como podemos comprobar nos artigos 15 e 16 desta Lei, establécense una serie de medidas en relación cos símbolos e monumentos conmemorativos da Guerra Civil ou da Ditadura, sustentadas no principio de evitar toda exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura, no convencemento de que os cidadáns teñen dereito a que así sexa, a que os símbolos públicos sexan ocasión de encontro e non de enfrontamento, ofensa ou agravio.

Por iso a exaltación do pluralismo político e defensa pacífica, tan importante nun estado de ereito vese coartado ou limitado con simboloxía deste tipo, o que está claro e que con independencia da cor política, o certo que e que existe unha Lei, recentemente aprobada e que deberá ser aplicada.

É a hora, pois, de que a democracia recupere para sempre a todos os que directamente padeceron as inxustizas e agravios producidos, por uns ou outros motivos políticos ou ideolóxicos ou de crenzas relixiosas, a quen perderon a liberdade.Por iso, non apoiar a retirada de ditos símbolos implica ir en contra da lexislación vixente na actualidade, e polo tanto, en contra do principio de legalidade.

Porén, dita Lei non só se circunscribe á simboloxía, senón que na disposición derrogatoria, de forma expresa priva de vixencia xurídica a aquelas normas ditadas baixo a Ditadura manifestamente represoras e contrarias ós dereitos fundamentais co dobre obxectivo de proclamar a súa formal expul- sión do ordenamento xurídico e impedir a súa invocación por calquera autoridade administrativa e xudicial.

Borrar das nosas vidas todo o que recorde a unha represión da sociedade , serviranos para avanzar cara unha sociedade máis plural e en definitiva cunha maior exaltación dos nosos dereitos máis fundamentais.

Eva Vales Fernández (asesora xurídica do MpDC)

0 comentarios:

Publicar un comentario