Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A ‘austeridade’ como desculpa

Written By MpDC on 11/10/09 | 13:25

A Dirección Xeral para o Deporte deixou caer recentemente a posibilidade que as seleccións galegas masculina e feminina de fútbol non desputen os partidos amigábeis que viñan celebrando nos últimos anos polo Nadal.

O organismo dirixido por Lete Lasa escúsase en motivos económicos, e concretamente, na tan cacarexada ‘austeridade’ por mor da crise. A desculpa da austeridade en tempos de dificultades económicas sirve a algúns para disfrazar a realidade.

No caso das seleccións galegas de fútbol, o Goberno galego non quere correr o risco de que poida aumentar a conciencia nacional galega, desta vez a través do deporte. No fondo, é un caso similar ao que pasa coa nosa lingua, xa que calquera avance neste senso sería ‘perigoso’ para os que defenden un discurso centralista baseado en que a única nación que existe no Estado é precisamente
española.

Identidade nacional or tanto, as razóns polas que on se xogarían os encontros dos combinados de fútbol serían máis en políticas, e non de aforro económico. Esta escusa é posíbel que lle coe a algúns que non ven máis aló da demagoxia máis pura e dura, pero se analizamos os custes que supón a organización de tales eventos (pouco máis de 100.00 euros, a maoría aportados por patrocinadores), veremos que son migallas comparado co que a Xunta vén de dar a un só clube de baloncesto galego (1,2 millóns de euros).

Ademais, o tenente alcalde de Vigo e ex –Secretario Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, ofreceu a colaboración do seu concello se o problema é realmente económico, e até se amosou disposto a organizar os partidos se fose necesario.

Mais aínda agardamos por unha resposta por parte do Executivo liderado por Alberto Núñez Feijóo. Como a esperanza é o único que se perde, agora só queda esperar unha demanda contundente de todos aqueles que apoian e apoiaron no seu momento a festa do fútbol galego. Para que ao Goberno galego non lle quede outra que seguir coa súa celebración nas vindeiras datas do Nadal.

Rafa Mouzo (Xornalista)

0 comentarios:

Publicar un comentario