O Movemento polos Dereitos Civís súmase ás peticións de cancelación do concerto de Sizzla previtso para hoxe venres na sala Capitol de Compostela. Deste xeito, o MpDC quere adherirse ás campañas que nos últimos días se fixeron públicas para que este evento deixase de celebrarse sabendo como se sabe que o artista en cuestión canta a favor da homofobia.
A través deste comunicado, Dereitos Civís quere manifestase unha vez máis contra a homofobia e contra todas aqueles actos ou accións que atenten contra os dereitos das persoas, neste caso, contra as liberdades sexuais. O escudo da liberdade de expresión, usado para defender a actuación de Sizzla non debería ser empregado neste caso, xa que algúns dos temas deste cantante chegan aos insultos directos e claros contra colectivos sociais. Expresarse libremente non é igual a descualificar libremente.
Neste sentido o MpDC non sae do seu asombro ao ver que ningunha institución se pronunciou coñecendo a existencia das moitas críticas que a proposta de actuación desta noite en Compostela está a recibir. Escudándose en decisións ambiguas parece que nada vai impedir que alguén se manifeste públicamente en contra de colectivos homosexuais, que isto sexa considerado arte e que aínda por riba a sociedade teña que escoitar de novo o clamoroso silencio institucional.
Para máis ver, e logo do escrito que saltou aos medios informando da cancelación do concerto, tampouco a sala Capitol, o Concello de Santiago ou a produtora do evento piaron. O Movemento apoia igualmente a concentración en repulsta por este atentado contra os dereitos civís que se celebra hoxe ás oito do serán na praza do Toural.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario