Cando a comunidade internacional vén de conmemorar o Día Mundial contra a Pena de morte, o MpDC quere chamar a atención sobre que os membros dun xurado de Texas consultasen a Biblia nas deliberacións sobre o seu caso, segundo afirmou Amnistía Internacional.
Está previsto que Khristian Oliver sexa executado en Texas o 5 de novembro despois de que os membros do xurado utilizasen pasaxes da Biblia que apoian a pena de morte para decidir se debía vivir ou morrer. Tempo despois de celebrarse o xuízo, xurdiron indicios de que os membros do xurado consultaran a Biblia durante as súas deliberacións para decidir a condena.
O ano pasado un tribunal federal de apelacións estadounidense recoñeceu que o uso da Biblia por parte dos membros do xurado constituía unha "influencia externa" prohibida pola Constitución estadounidense, pero a pesar diso ratificou condenar a morte o acusado.
O xuíz resolveu que o xurado non actuara de xeito inadecuado, e a Corte de Apelacións no Penal de Texas confirmou esta resolución. En abril de 2009, a Corte Suprema de Estados Unidos rexeitou estudar o caso, a pesar de que case 50 ex fiscais estatais e federais instárona a facelo.
En 2002, un xornalista danés entrevistou un quinto membro do xurado, quen declarou que "aproximadamente o 80 por cento" dos membros tiñan "introducido as escrituras na deliberación", e que o xurado consultara a Biblia "moito antes de chegar a un veredicto".
Ao respecto, o Movemento polos Dereitos Civís subliña que a única lei pola que se pode xulgar a unha persoa é a elaborada polos poderes lexislativos e non por calquera outra norma social ou relixiosa. Ademais, o colectivo aproveita para solicitar a eliminación da pena de morte.
O MpDC quere chamar a atención sobre unha posíbel execución en Texas logo de consultar o xurado a Biblia
Written By MpDC on 14/10/09 | 18:26
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario