Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Subdelegación do Goberno en Ourense admite que enviou a Guardia Civil para obter información sobre a NOTTA

Written By MpDC on 15/10/09 | 16:28

Nun escrito remitido ao Movemento polos Dereitos Civís logo de que o colectivo se interesase polos motivos que levaron á Guardia Civil a recabar información sobre a reunión mantida pola plataforma No al Trazado alta tensión Trives Aparecida (NOTTA), a Subdelegación do Goberno en Ourense recoñece que ordenou a unha parella deste corpo policial para tal finalidade.

É sabido que cando unha asociación ou calquera colectivo organiza un acto na vía pública debe comunicar á Delegación do Goberno tal celebración. Así o fixo NOTTA se ben igualmente foi obxecto de pesquisa pola Guardia Civil a modo de “ataque preventivo” co obxecto de, segundo relata a Subdelegación, “asegurar a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades públicas e garantir a seguridade cidadá”.

Se ben, no escrito que vén de recibir o MpDC non se mencionan as chamadas telefónicas feitas á presidenta, senón que se indica que a parella solicitou “información voluntaria e na vía pública”. Todos e todas sabemos que tipo de voluntarismo promoven os Corpos e Forzas de Seguridade e tamén sabemos que métodos empregan para controlar actividades que consideran “sospeitosas”.

O MpDC critica o seguidismo, a servidume e todas aquelas actuacións que partan de Guardia Civil e demais corpos policiais que non sexan as dirixidas a protexer, realmente, a ciadanía. Neste caso, os efectivos actuaron como meros intimidadores, recadadores de información para dalgún xeito alertar a Plataforma para que cese as súas actividades seguindo ordes da Delegación.

Ao respecto, o Movemento expresa a súa respulsa ante a actuación da Delegación e Subdelegación, que continúan máis de axentes dunha dictadura que dunha democracia realizando este tipo de prácticas de investigación ilegais.

Os feitos

O pasado día 22 de agosto celebrouse en Viana do Bolo unha reunión da NOTTA. A Plataforma leva exercendo o dereito de reunión nos locais que ten a ben de dispór (bares, casas particulares, etc.). Esta reunión, en concreto, celebrouse no baixo do domicilio da presidenta da Plataforma, Isabel González.

O luns, día 25 de agosto, a Presidenta de NOTTA contacta con membros de Adega, participantes na dita xuntanza, para comunicar que o domingo, día 23 se presentaron no seu domicilio dous axentes da Guardia Civil para demandar información sobre se se celebrara unha reunión da devandita Plataforma no seu domicilio, que persoas acudiran e que temas se trataran.

A Presidenta da Plataforma non se atopaba na súa vivenda. Outro familiar, tamén membro da Plataforma, negouse a facilitar ese tipo de información, dicíndolle que quen lle dera ordes a eses funcionarios para facer ese "traballo". Un dos axentes identificouse como Cabo da Garda Civil do posto de Viana dicindo que ninguén lle dera ordes, senón que era unha "práctica que lle ensinaran na Academia da Garda Civil".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O SUBDELEGADO DO GOBERNO ESPAÑOL EN OURENSE DEBERIA DIMITIR O POLO MENOS DEIXAR DE VER PELICULAS DO JAMES BOND 007

Virgulino dijo...

Pero non hai vergoña ningunha. No escrito consideraba que a actuación da policía era correcta.

Publicar un comentario