A Asociación da Memoria Histórica do 36 denunciou que o Concello de Ponteareas se nega a pagar o diñeiro correspondente a un premio outorgado en 2006 “debido a que a investigación se centrou no franquismo”. Para o Movemento polos Dereitos Civís esta actitude demostra que a normalidade e a democracia parecen non estar restituídas no consistorio pontevedrés.
Segundo a asociación, o Goberno municipal aínda non pagou o 75 por cento dos 2.000 euros cos que o IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey recoñeceu o primeiro galardón de devandito certame, premio que se concedeu a un traballo titulado 'A muller no franquismo'.
Ademais, Memoria Histórica do 36 destaca que o gañador do ano anterior, o historiador Anxo Rodríguez Gallardo, tamén sufriu "serios problemas para cobrar" e "obstáculos na súa investigación", centrada na represión franquista en Ponteareas durante a guerra civil.
Aos ollos do MpDC a desidia do Concello de Ponteareas é un insulto á sociedade. Os atrancos que está a pór a institución públia privan a cidadanía de acceder libremente á información, como é dereito. Ademais, e tendo en conta que os dous premiados trataron o franquismo nos seus estudos cabe pensar que o goberno local actúa con plena consciencia á hora de non efectuar o pagamento nin de publicar os ditos traballos.
Para o colectivo polos Dereitos Civís resulta deplorábel que, a día de hoxe, e cando hai unha lei coma a da Memoria Histórica, que recoñece o dereito á reparación moral e á recuperación da memoria persoal e familiar de quen padeceu persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, o Concello de Ponteareas reincida na súa actitude oscurantista, cobarde e máis propia dunha dictadura, exercendo a censura duns traballos de investigación que, tal e como está recollido nas propias bases municipais teñen que sair á luz e recibir a súa recompensa económica. Deste xeito, a normalidade e a democracia outros dous conceptos que Ponteareas tamén está a censurar.
O MpDC denuncia a "actitude deplorábel" do Concello de Ponteareas no que respecta aos premios Fermín Bouza Brey
Written By MpDC on 7/10/09 | 13:41
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario