Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC agarda que a xustiza volva ao Grobe

Written By MpDC on 8/10/09 | 14:12


O xulgado de instrucción número 2 de Pontevedra comunica que ten por interposto recurso contencioso administrativo polo do Clube de Piragüismo O Grobe contra a demanda por silenzo administrativo por parte do Concello do Grobe. Agardando que se coñeza a resolución xudicial, o MpDC agarda que a xustiza volva ao concello pontevedrés e se reparen os agravios cometidos contra o clube deportivo.

Tal recurso foi presentado pola asociación grobense logo dun outro de reposición presentado previamente fronte a resolución do conelleiro de Deportes pola que se ordenaba a expulsión do dito clube do pavillón de deportes náuticos da localidade pontevedresa. Asimesmo, o dito xulgado require ao Concello do Grobe para que no prazo de 20 días remita o expediente administrativo.

Con data de 24 de abril de 2009, o Club Piragüismo de O Grobe presentou recurso de reposición contra a Orde de expulsión do Pavillón de Deportes Náutico do Concello de O Grobe emitida polo Concelleiro de Deportes, José Alfredo Bea García. Trascorrido o prazo legal previsto pola Lei e sen recibir contestación por dita Administración, enténdese a mesma desestimada por silencio administrativo.

O MpDC quere deixar constancia de que o concelleiro en cuestión carece de lexitimidade para dinamitar a expulsión do dito clube de piragüismo das instalacións deportivas municipais, ben servizo público. Neste sentido, o Club dispón dunha autorización para o uso do pavillón case desde a súa inauguración, arredor do ano 1998. Para que o uso que puidese facer a asociación deportiva fose diferente tería que ser o pleno da corporación o que elaborase unhas novas directrices e pautas de utilización desta instalación municipal.

Denuncian que o Concello do Grobe vulnere a legalidade

O Movemento polos Dereitos Civís solicitou, no seu momento, ao Concello do Grobe a nulidade de pleno dereito da resolución municipal que acorda dar de baixa no REDIM o Club de Piragüismo Ogrobe por non ter presentado certa documentación esixida que non está prevista na lexislación imperante na materia. Ademais, o colectivo pide que se se estimen as alegacións interpostas polo presidente do clube de piragüismo, Filipe Besada, en representación do mesmo.

Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal.

Ademais, vemos como quebra o principio de boa fe que debe marcar a actuación administrativa, xa que a esixencia de tal documentación e a traxectoria da asociación, que leva inscrita no Rexistro desde o 1997 e realizando cumpridamente os trámites cada ano sen ningún problema fan sospeitar da finalidade que pode perseguir o Concello, para que non sexa partícipe das subvencións ás que teñen dereito as entidades inscritas no mesmo.

0 comentarios:

Publicar un comentario