Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Sindicatos británicos organizarán boicot a Israel

Written By Virgulino on 21/9/09 | 20:06

Nunha decisión histórica, os sindicatos británicos votaron esmagadoramente a favor de organizar un movimento masivo de boicot, desinvestimento e sancións contra Israel até conseguir unha solución negociada e xusta con o povo palestino.

A moción foi aprovada o pasado 17 de Setembro en Liverpoool, no decurso do Congreso Anual da Trade Union Congress (TUC), que representa 6,5 millóns de traballadores do Reino Unido.

'Esta proposta é a culminación de unha vaga de mocións apresentadas nas conferéncias dos diferentes sindicatos ao longo do ano e reflecte a indignación pola brutal agresión de Israel contra a Faixa de Gaza e o crecimento do apoio aos direitos do povo palestino', declarou Hugh Lanning, presidente da Palestine Solidarity Campaign.

Esculca - Sindicatos británicos organizarán boicot a Israel:

'Traballaremos con o TUC para desenvolver unha campaña popular contra os produtos israelitas, nomeadamente os agrícolas producidos nos asentamentos ilegais de Cisxordánia', acrescentou.
A moción insta o Consello Xeral do TUC a exercer presión sobre o governo británico para pór fin a calquer tipo de comércio de armas con Israel e a apoiar as iniciativas que se emprendan para suspender o acordo comercial UE-Israel. Tamén alenta os sindicatos a desinvestir en empresas que benefician da ocupación ilegal de Gaza e Cisxordánia e condena o sindicato israelita Histadrut por ter apoiado a agresión contra a Faixa ao tempo que solicita ao TUC revise as relacións que mantén con este sindicato."

0 comentarios:

Publicar un comentario