Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC interpón recurso contencioso contra o Concello de Vedra

Written By Virgulino on 21/9/09 | 14:11


O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór un recurso contencioso-administrativo contra a resolución do Concello de Vedra de data 2 de setembro de 2009 onde denega á concelleira-portavoz do grupo municipal do BNG, Xosefina Guitián Lema, o acceso á fotocopia do convenio asinado entre a Alcaldía de Vedra e o pintor Modesto Paz Camps.


Tanto o colectivo como a representante política afirman que con data 7/9/2009 Xosefina Rosa Guitián Lema, recibiu notificación do Concello de Vedra en relación do recurso de reposición presentado en data 24 de Xuño de 2009, onde se denegaba o dereito de acceso solicitado pola Sra Guitián dunha fotocopia do convenio asinado entre a Alcaldía de Vedra e o pintor don Modesto Paz Camps.

Non estando conformes coa mesma, por entender que non é axustada a dereito e que vulnera a legalidade existente sobre a materia, o MpDC presenta o escrito no xulgado do Contencioso Administrativo de Compostela.

O Concello de Vedra ten firmado un convenio co pintor Modesto Paz Campspolo que se cede a administración do edificio, propiedade do concello, a este pintor, e polo que se regula o funcionamento deste museo.

Desde o grupo político do BNG de Vedra pensan que o funcionamento deste museo nos anos de vixencia deste convenio, non xustifica o mantemento do mesmo nos termos en que está redactado. Ao respecto, cren que instalacións destas características nun concello como Vedra, poderían e deberían dedicarse a unha maior actividade cultural, a maiores da exposición dun solo pintor, tendo en conta o déficit de locais sociais e culturais que hai aínda no concello e, en concreto, na parroquia de San Fins.

0 comentarios:

Publicar un comentario