Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Policías e Delegacións do Goberno denuncian videovixilancia ilegal no resto do Estado.

Written By Virgulino on 9/9/09 | 16:16



  • Na Galiza, a Delegación do Goberno declarase incompetente nas denuncias que recibe
  • Por outro lado, a Delegación procedeu a legalización a posteriori de dispositivos denunciados polo Movemento polos dereitos Civís, algo que contradí claramente a lexislación vixente
A actitude das Policías Municipais e da Delegación do Goberno na Galiza en relación coa protección de datos, semella diferente aos seus compañeiros do resto do Estado. O Movemento polos Dereitos Civís realiza esta afirmación en base aos arquivos da Axencia Española de Protección de Datos, onde puido comprobar que esas autoridades formularon denuncias por cámaras de vídeo vixilancia e outros asuntos relacionados coa protección de datos en diferentes lugares do Estado mentres que na Galiza non no fan incluso cando reciben unha denuncia expresa. No noso país é o MpDC quen presenta a maior parte das denuncias.

Dereitos Civís non pode negar a súa sorpresa fronte a estes datos e pregúntase “por que é el quen ten que facer este traballo no noso país cando noutras partes do Estado os efectivos da policía local, algunhas delegacións do goberno ou mesmo a AEPD promoven o inicio de investigacións mentres en Galiza se busca legalizar e xustificar as situacións irregulares e sancionables.”

Algúns dos casos encontrados polo MpDC, e que se relacionan abaixo, son moi similares a outros presentados na Galiza que non foron aceptados ou foron arquivados; nembargante, ao seren presentados por unha autoridade, tiveron unha resolución favorable.

  • Denuncia da Policía Municipal de Madrid contra un Restaurante por videovixilancia que foi arquivada: https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/archivo_actuaciones/archivo_actuaciones_2008/common/pdfs/E-00302-2008_Resolucion-de-fecha-30-09-2008_Art-ii-culo-3-y-5-LOPD.pdf
  • Denuncia da Policía Municipal de San Martín de la Vega contra un particular por videovixilancia con sanción de 1000€: https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2009/common/pdfs/PS-00639-2008_Resolucion-de-fecha-01-06-2009_Art-ii-culo-6-LOPD.pdf
  • Denuncia da Policía Municipal de Madrid contra un Bar por videovixilancia con sanción de 2500€ https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2009/common/pdfs/PS-00013-2009_Resolucion-de-fecha-05-05-2009_Art-ii-culo-6-LOPD.pdf
  • Denuncia da Delegación do Goberno de Madrid contra un bar por videovixilancia con sanción de 2000€: https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2009/common/pdfs/PS-00471-2008_Resolucion-de-fecha-15-01-2009_Art-ii-culo-6-LOPD.pdf
  • Denuncia da Delegación do Goberno de Madrid contra unha cervexería por videovixilancia que foi arquivada: https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2007/common/pdfs/PS-00176-2006_Resolucion-de-fecha-28-03-2007_Art-ii-culo-5.1-LOPD.pdf
  • Denuncia da Delegación do Goberno de Canarias contra un veciño por videovixilancia con sanción de 1202,02€ https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2005/common/pdfs/PS-00098-2005_Resolucion-de-fecha-13-12-2005_Art-ii-culo-5-LOPD.pdf
  • Denuncia da Delegación do Goberno de Canarias contra unha comunidade de propietario por videovixilancia con sanción de 6601,01€ https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2006/common/pdfs/PS-00100-2005_Resolucion-de-fecha-27-02-2006_Art-ii-culo-6-y-26-LOPD.pdf
  • Denuncia da Subdelegación do Goberno de Badaxoz contra un Bazar por videovixilancia con sanción de 601,01€: https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2006/common/pdfs/PS-00100-2005_Resolucion-de-fecha-27-02-2006_Art-ii-culo-6-y-26-LOPD.pdf
  • Denuncia da Subdelegación do Goberno de León contra La Caixa por videovixilancia que foi arquivada: https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2008/common/pdfs/PS-00105-2008_Resolucion-de-fecha-07-04-2008_Art-ii-culo-5.1-LOPD.pdf
  • Denuncia da Subdelegació do Goberno de Jaén contra un Casino por videovixilancia que foi arquivada: https://www.agpd.es/portalweb/resoluciones/procedimientos_sancionadores/ps_2008/common/pdfs/PS-00105-2008_Resolucion-de-fecha-07-04-2008_Art-ii-culo-5.1-LOPD.pdf

Na Galiza o MpDC acumula multitude de denuncias, demandas e comunicacións relacionadas coa protección de datos, sobre todo coa videovixilancia ilegal. Estas denuncias son tramitadas con nulo interese, incluso pola AEPD, quen reclaman o cumprimento de requisitos inexistentes para non levar adiante a investigación. Mesmo así o MpDC conseguiu a abertura de expediente en varios casos de Galiza que mesmo remataron favorablemente para a asociación como o relacionado coas cámaras de Coruña.

Si nos centramos nas denuncias presentadas polas autoridades galegas, Dereitos Civís só encontrou unha da Policía Local de Sada vinculada ao conflito que este colectivo mantén có Concello, esta asociación non foi capaz de encontra unha soa denuncia da Delegación ou das Subdelegación da Galiza, tampouco de ningunha outra policía municipal

O MpDC considera que isto amosa unha evidente deixadez de funcións por parte da Delegación do Goberno que roza a prevaricación. Por este motivo a asociación ten presentadas máis dunha decena de denuncias contra a Delegación do Goberno en relación con asuntos que a autoridade estatal se declarou incompetente ou se negou a investigar.

0 comentarios:

Publicar un comentario