Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegación do Goberno volve desentenderse dunha denuncia contra a videovixilancia

Written By Virgulino on 10/9/09 | 11:38


Segundo puido saber o Movemento polos Dereitos Civís, o pliego de condicións para a instalación dun servizo de préstamo de bicicletas na Coruña establece necesario que se conte con cámaras para controlar tales postos. Deste xeito, o colectivo polos dereitos civís enviou un escrito á institución que debe velar porque se cumpra a lei, a Delegación do Goberno para comprobar a legalidade das cámaras. A resposta deste organismo é tan laxa como de costume, alegando que “non hai evidencia” da instalación de tales cámaras, sendo os prexudicados, unha vez máis, os dereitos das persoas.

Por ese motivo, e tendo en conta que un dos requisitos para a concesión do servizo de alugueiro de bicicletas na Coruña era a instalación de cámaras web para o control dos postos, o colectivo non entende como a Delegación do Goberno non considera necesario comprobar a existencia destes dispositivos tal e como require o pliego de condicións. Tal e como reza o pliego, “efectuada a instalación e provisión de todos os elementos que compoñen o sistema comprobarase que os elementos subministrados cumpren cos requisitos establecidosno pliego de condicións e contratados, levantándose no seu caso acta comprensiva de tal circunstancia”.

Ao respecto, o escrito recibido polo MpDC, a Delegación do Goberno afirma non ter coñecemento de que no Concello da Coruña existan cámaras instaladas no sistema de estacionamento de bicicletas de alugueiro. Parece pouco probábel que isto sexa así, xa que no concellos de Ferrol e Compostela os sistemas de aluguer de bicicletas contaban con cámaras de videovixiancia que xa foron denunciadas. Esta mesma asociación tamén se dirixiu aos responsábeis das mencionadas cámaras, que procederon a súa retirada nun prazo relativamente curto de tempo.

Por todo isto o MpDC solicita que a Delegación do Goberno comprobe se, efectivamente, están instaladas as mencionadas cámaras e solicite a súa retirada ou presente denuncia perante a Axencia Española de Protección de Datos como fan outras Delegación do Goberno ou Policías Municipais do Estado e, de non considerar oportuno a realización do punto, aclare se considera queo Movemento polos Dereitos Civís é quen debe velar polo dereito á imaxe dos cidadáns na Galiza.

Asina a carta á Delegación do Goberno de Galiza para que investigue a existencia de cámaras de videovixilancia

0 comentarios:

Publicar un comentario