Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Delegado do Goberno arquiva denuncia da Policía Local | matarpormatarnon.org

Written By Virgulino on 8/9/09 | 20:01

Carballiño - Delegado do Goberno arquiva denuncia da Policía Local | matarpormatarnon.org:

07-09-2009 - O Subdelegado do Goberno,“... a la vista de las actuaciones reflejadas en el presente expediente en las que no se acredita que se hubiese alterado el orden...”
Resolve:
“Sobreseer el expediente incoado a D. Julio Fernández González con archivo de las actuaciones practicadas al efecto”.


Basicamente é o que se decide sobre a denuncia efectuada pola Policía Local de Carballiño na que nos acusan de “Originar desórdenes graves en espacios públicos, colocando una pancarta de aproximadamente 4x1 metro, en las escaleras de plaza mayor,…” (sic).


Pensamos que non solo “no se acredita que hubiese alterado el orden…” senón que, da nosa parte demostramos, con fotos da prensa e documentos oficiais, que a denuncia era unha terxiversación obvia e intencionada da realidade.


Ademais de lesionar gravemente a verdade, posiblemente nun acto de submisa obediencia a alguén que está por encima deles, tamén consideramos que, os denunciantes, conculcaron dereitos fundamentais nosos, que tiñan a obriga de defender e protexer. Entre eles o dereito de manifestación e reunión.


Sabemos tamén, polos nos servicios xurídicos, que efectuaron unha actuación desmedida e que, incluso no caso de que houbera sido necesaria, debería ser levada a cabo de acordo con normas perfectamente establecidas, pero que os membros da policía local actuantes ou descoñecen ou violaron conscientemente.


Se foi por descoñecemento dos dereitos dos veciños, pensamos que deberían ser enviados a que aprendan que, as persoas, tamén gozan de dereitos e, unha das súas obrigas, é defender e protexer eses dereitos, en lugar de conculcalos como se fixo desta vez.


Se coñecen a lei, e os dereitos que nos foron lesionados, entonces estaríamos falando da comisión de algo moito mis grave.


En ámbolos casos levaremos os feitos ao coñecemento de quen os nosos avogados indiquen, co obxecto de que este tipo de abusos contra os dereitos dos veciños non se volvan repetir.


Estamos seguros de que, o acontecido, non foi iniciativa dos axentes, así que alguén podería esta utilizando o se cargo indebidamente e nun posible abuso de autoridade.


Tamén pensamos que a intervención de xefes deste corpo, relacionados coas irregularidades que denunciamos, non é síntoma de moita ética pola súa parte.


Lamentamos a utilización indebida das forzas de seguridade locais por parte de quen deu as ordes, nun acto que, ao igual que está acontecendo noutros asuntos pendentes, creemos que solo contribúe a seguir magoando a imaxe da nosa Vila e tiña como única pretensión intimidar e acalar as voces que denuncian as graves irregularidades que están acontecendo neste Concello.

Tamén botamos en falta que, despois de tanta mala xestión, mentiras, mala administración de instalacións públicas, irregularidades denunciadas e probadas, actuacións arbitrarias e moitos outros etcéteras, aínda non teñamos asistido a ningún cese nin dimisión no grupo de goberno.

- Xa foron postos en evidencia polos diversos grupos ecoloxistas, así como por parte do Valedor do Pobo, que verificaron a mala xestión e o estado lamentable, tanto da canceira como dos infelices animais alí recollidos, desde hai anos hasta agora.
- Foi mais que constatada a mala xestión dos voluminosos recursos que recibiu o concello para adecuar a canceira á normativa e que aínda están sen cumprir.
- Foron descubertos nun escándalo de eliminación de cans que aínda está sendo investigado.
- Quedaron en evidencia cando o Seprona confirmou que había moitas irregularidades e os desmentidos da concellería de medio ambiente non se axustaban á verdade.
- Puxéronse baixo sospeita de ter cometido serias irregularidades, cando pasaron a boicotear a comisión de investigación.
- Actuaron con total falta de transparencia poñendo impedimentos para acceder á canceira.
- Amosaron a súa arbitrariedade prohibindo, sen seguir os procedementos legais, a entrada á canceira as persoas que poderían certificar, con independencia, o estado real da mesma.
- Utilizaron as forzas de seguridade para intentar calar as protestas lexítimas dos veciños.
- Foxen das súas responsabilidades e desprezan as institucións cando negan explicacións ao Valedor do Pobo.
- Toman actitudes prepotentes e ameazadoras cando intentan amedrentar, mediante denuncias, a quen lles pide explicacións.


E nesta último caso xa levamos contabilizadas catro denuncias, dúas directamente do propio concello, e outras dúas de persoas moi achegadas ao grupo de goberno, das que sospeitamos que actuaron incitadas por membros dese goberno.


Sería moi bo que os aprendices de déspota que actúan desa maneira, intentaran aplicar aos seus actos, e aos dos seus vasalos, a mesma lei que pretenden aplicar, moitas veces arbitrariamente, aos demais. Se así fora, moitas explicacións deberían ser pedidas, moitas actuacións investigadas, moitas irregularidades denunciadas e moitas contas clarexadas.


É sorprendente tamén que tais feitos estean acontecendo nun concello onde o grupo de goberno, que actúa de maneira tan vergoñenta, estea gobernando en minoría.


Ou sexa que, neste caso, os grupos da oposición teñen os medios e as razóns suficientes para poñer fin a este tipo de actuacións, que solo magoan a imaxe de O Carballiño, pero sen embargo, posiblemente condicionados por tratos e arranxos políticos alleos á nosa Vila, consenten en ser cómplices coa actual situación."

0 comentarios:

Publicar un comentario