Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento súmase á petición do BNG para que o Valedor actúe de oficio en defensa da lingua

Written By Virgulino on 8/9/09 | 13:30


O Movemento polos Dereitos Civís súmase á solicitude realizada hoxe polo Bloque Nacionalista Galego ao Valedor do Pobo a respecto da necesidade de actuación en defensa da lingua galega. Diante dunha estratexia clara de ir contra a lingua galega, o Valedor ten un campo de actuación moi importante, conclúen ambas as dúas entidades.

Nunha xornada na que se debateu o informe do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2008, tal documento revela, aos ollos da formación nacionalista e da asociación polos dereitos civís, “o importante esforzo en servizos sociais do anterior Goberno”, ao ser Galiza unha das Comunidades do Estado nas que menos se incrementaron as queixas neste eido. Deste xeito, MpDC e BNG piden ao Valedor do Pobo que actúe de oficio ante o que cualifican de “políticas de persecución e exterminio da lingua galega”

Ao respecto, a legalidade establece claramente que os poderes públicos deben preservar o idioma galego e levar a cabo políticas de normalización para que non se extinga, o que se está a incumprir “antes as políticas de persecución do galego” que está a pór en marcha o Goberno do Partido Popular, apuntan.

Tanto a organización frontista coma o MpDC confían en que as resolucións hoxe aprobadas sirvan de guía de acción para un reparto de cartos públicos máis transparente e unha xestión máis eficaz e obxectiva. Ademais, ambas as dúas entidades consideran necesario que nos vindeiros informes do Valedor do Pobo haxa tamén unha avaliación cualitativa dos dados dos informes para ver como evolúe a realidade dos distintos dereitos fundamentais.

0 comentarios:

Publicar un comentario