A pesar dos graves feitos de Ourense o Sergas non será sancionado pola AEPD
Written By Virgulino on 11/9/09 | 13:58
Recentemente apareceron informes de doentes esparexidos polo chan dun edificio en ruínas do Hospital Psiquiátrico de Toén (Ourense). A Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) amosou a súa preocupación ante a gravidade deses feitos mentres que o Servizo Galego de Saúde (Sergas), resta importancia a como foron atopados os ditos documentos. Se o Sergas é declarado responsábel non será senón despois dunha larga instrucción e non será sancionado, por tratarse dunha administración. O MpDC quere chamar a atención da grande inxustiza que iso suporía, xa que se chega a ser unha empresa privada, a sanción si sería moi importante.
Unha vez máis atopámonos coa blindaxe das administracións, que ven cubertas as súas costas logo de cometeren irregularidades, violacións dos dereitos civís e desprezos á cidadanía. Os documentos atopados en Ourense son datos relativos á saúde de persoas que se abandonaron á súa sorte como se se tratase de calquera refugallo sen cumprir as medidas de seguridade necesarias. Tal feito é unha vulneración tan flagrante da protección de datos que a sanción ao Sergas “debería ser exemplarizante”, tal e como afirma a asesora xurídica do Movemento polos Dereitos Civís, Eva Vales.
A irregularidade cometida polo Sergas está tipificada como grave e poderían alcanzar ata os 300.000 euros, afirmou Vales, aínda que a institución nunca vai ter que pagar multas económicas e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) só pode ditar unha resolución condenatoria obrigando ao Sergas para que corrixa as deficiencias que levaron á comisión da infracción", sinala a letrada. Ao respecto, o MpDC pregúntase como é posíbel que estes agravios contra a sociedade poidan sair impunes e que institucións públicas, que son as garantes para que a cidadanía poida ter acceso a uns servizos que lle corresponden como tal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario