O MpDC súmase ás mostras de apoio a Zélia G.
Written By Virgulino on 18/9/09 | 14:12
O Movemento polos Dereitos Civís quere expresar o seu apoio á xornalista de GZVídeos, Zélia G., logo de que fose acusada de berrar a favor da ETA nun acto organizado polo colectivo Ceivar o pasado día 24 de xullo de 2008.
Desde o MpDC denúnciase tal feito e quéixase de que sempre acabe habendo unha “cabeza de turco” que pague logo da celebración dalgún acto que pode incomodar a institucións ou diversos axentes sociais.
O colectivo apunta ademais a que “confía plenamente” na profesionalidade de Zélia G., segundo afirmou o seu voceiro, Renato Núñez, e lamenta que a súa labor e a de GZVídeos se vexan luxadas por tales acusacións. Neste sentido, para o Movemento, a aplicación que da Xustiza se está a facer contra a xornalista é un novo exemplo da mosta de poder que o Estado quere dar á sociedade nun xeito de reprimir calquera tipo de resposta social que se alonxe do “establecido” como pode ser a concentración organizada por Ceivar.
Para o Movemento, feitos coma este onde a liberdade de expresión e o dereito á información quedan seriamente danados son inimigos a bater desde a defensa das liberdades das persoas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario