O MpDC pregunta a Protección de Datos pola lista sobre os centros aos que altos cargos do anterior goberno enviaban os seus fillos e fillas
Written By Virgulino on 18/9/09 | 13:12
O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito á Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) para que informe se existe unha lista na Consellería de Educación da Xunta de Galiza que conteña información sobre os colexios onde levaban os seus fillos os antigos altos cargos do Goberno anterior do BNG na Xunta. Ademais, o colectivo entende que a Agencia debe preguntar ao conselleiro sobre a orixe de dita lista, e polo tanto sobre o contido de devanditas declaracións.
Recentemente, o MpDC tivo coñecemento de que en data 9 de setembro de 2009, no Parlamento de Galiza, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, manifestou ter no seu poder listas de antigos altos cargos do Goberno anterior (PSOE-BNG), nas que se evidenciaba que tales persoas enviaban os seus fillos a colexios con segregación de sexos, o que supón unha vulneración do dereito á intimidade persoal e á protección de datos excedendo o que se podería considerar como un exercicio da liberdade de expresión.
Por riba de todo, os dereitos das persoas
Desde o MPDC defendemos que deben primar sempre os dereitos fundamentais á intimidade así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución Española. Asimesmo cabe recordar que o dereito á intimidade persoal, foi encadrado pola doutrina xurídica máis autorizada entre os Dereitos da Personalidade, cualificación que obviamente se desprende o carácter de irrenunciable, tal e como sinala a Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe.
Ademais cabe resaltar o que sinala a Lei Orgánica de Protección de Datos, que será de aplicación aos datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, que os faga susceptibles de tratamento, e a toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. Cabe lembrar tamén que é preciso o consentimento do interesado no que respect ao tratamento de datos persoais que o concernen.
As funcións da AEPD
Se o Movemento remite tal escrito á Axgncia Española de Protección de Datos é porque entre as súas funcións atópase a de velar polo cumprimento da lexislación sobre protección de datos e controlar a súa aplicación, en especial no relativo aos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos."
Deste xeito, correspóndelles aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social."
Así mesmo, cabe recordar que a observancia da legalidade é un deber puramente obxectivo, derivado da vinculación positiva que de devandita legalidade resulta para ela, como se desprende do artigo 103.1 da Constitución. Pero este deber está instituido polo ordenamento non só con fins organizativos abstractos, ou en función de intereses materiais colectivos, senón tamén, e preferentemente, como unha técnica de liberdade dos cidadáns, a través de actuacións lexítimas, isto é, cubertas ou amparadas pola Lei.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario