O Movemento polos Dereitos Civís considera que non se faría efectiva a execución provisional da sentencia
O Xulgado nº1 do Contencioso de Compostela ven de aceptar a solicitude do
MpDC de que se lle devolva a fianza de 3000€, pagadas para que o Alcalde de Compostela cumplise a sentencia que ordenaba a retirada das videocámaras
instaladas na Zona Vella da cidade. Esta medida ven motivada polo feito que xa se acumula máis de tres meses desde o pago da fianza sin que os responsabeis de seguridade da Institución Local cumpriran o ordenado polo Xulgado. Ademais, non só non se retiraron as cámaras instaladas, sinon que
instalaron outras que non estaban funcionando como a da Praza de Cervantes.
Afirman que "queda claro a falta de respecto do Alcalde de Compostela polas sentencias e autos xudiciais" e por este motivo a asociación decidiu solicitar a devolución da cantidade pagada. Resulta increíble que sexa esta mesma autoridade local a que esixa aos veciños e veciñas o cumprimento das Ordenanzas Locais. Finalmente, o MpDC considera que é probable que se saiba
antes a sentencia do TSXG que se consiga que Sánchez Bugallo cumpla os autos do Xulgado de Compostela.
Desta forma queda claro que o comunicado remitido polo Concello, onde afirmaba que gañaran o proceso peranto o Xulgado, fora falso. A día de hoxe os responsabeis da seguridade do Concello de Compostela non obtiveron a razón en nigún momento do proceso xudicial.
Enviado usando Real Mail de Vodafone.
0 comentarios:
Publicar un comentario