http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=15735&id_cat=5
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas trasladou hoxe unha queixa ante o Valedor do Pobo pola posible censura dunha opinión que criticaba a tauromaquia no telexornal do serán do pasado 6 de Agosto da Televisión de Galicia.
Os antitaurinos confirman que a nova si foi emitida no Telexornal do Serán, pero que non aparece no portal dos informativos www.agalega.info, que administra o propio canal público. A pesares diso, unha nova relativa á feira taurina da Coruña emitida nos informativos do mediodía sí aparece na citada páxina web.
Fontes da plataforma afirman que agardaron durante varios días para certificar que non se trataba dun erro por parte dos servizos informáticos, pero trala denuncia pública do deputado socialista Méndez Romeu, entenden que existen motivos para pensar que é un acto de censura, "a un movemento incómodo para a nova Xunta", engaden.
Enviado usando Real Mail de Vodafone.
0 comentarios:
Publicar un comentario