Coches da Policía Nacional destinados á labores de seguridade en Compostela no Día de Galiza levaban bufandas despregadas no parabrisas có texto "Esto es España y al que no le guste que se vaya"
Polos menos dúas furgonetas antidisturbios da Policía Nacional lucían bufandas con lemas considerados provocativos por asistentes aos actos celebrados por distintas organización que participaron nas festividades do Día de Galiza. Dereitos Civís tivo coñecemento por testemuños de que a participación policial nas labores de control e vixilancia foi a máis numerosa dos últimos anos, algo que non evitou enfrontamentos cós manifestantes.
O Movemento polos Dereitos Civís denuncia que isto se debeu en grande parte a actitude policial. O desproporcionado número de axentes apetrechados con material antidisturbio por toda a cidade creou numerosas situacións de tensión. Nas manifestacións do día 24 pola noite os manifestantes foron escoltados por un sorprendente número de axentes que, con escudos e lanzadoras de pelotas de goma en man, estaban literalmente encaramados aos manifestantes. No propio día 25, fileiras de furgonetas policiais con lanzadoras de pelotas en man, escudos e en situación de alerta facían garda por varios lugares da Zona Vella. A situación era bastante coercitiva; nembargante o que puido supoñer unha verdadeira provocación, e que levou a algunhas das cargas, foi o feito de que varias furgonetas levaban bufandas có texto "Esto es España. Y al que no le guste que se vaya".
Os corpos e forzas de seguridade do Estado deberían ter unha actitude imparcial e conciliadora para evitar que se poidan dar situacións de perigosidade para os cidadáns. Nembargante crear tal ambiente de presión fronte a manifestantes galegos que están celebrando o Día de Galiza e lucindo lemas que resultan ofensivos, sobre todo en día tan sinalado, non parece buscar manter a paz. Os feridos e feridas das cargas que tiveron lugar foron, moi posiblemente, víctimas duha actitude irrespectuosa e provocativa dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Parece evidente que o novo Delegado do Goberno non ten especial interese en que exista un ambiente "armónico" en Galiza.
Furgonetas da Policia Nacional lucían bufandas coa frase “Esto es España. Y al que no le guste que se vaya” no Día da Patria
Written By Virgulino on 27/7/09 | 0:54
Etiquetas:
Actuacións Policiais,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito das Persoas,
Dereito de reunión e manifestación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
¿Tienes pruebas? ¿Fotos? ¿videos?
Hoxe en día na que todo móvil ven con cámara, que non poñades unha miserable foto da que pensar.
Por supuesto, si esto es cierto tendrian de ir todos al calabozo, la policia no puede manifestarse de esta manera, al fin y al cabo, tienen de defender a todos, incluso los que vayan en contra el estado español. Lo que pediria como mi vecino de comentario que aportarais pruebas, no se vale esto de lanzar una proclama politica, incluso es contraproducente porque no hace más que nadie os tome en cuenta.
Pues sin pruebas me parece que vais jodidos. Aún peor, os pueden poner una demanda por difamación.
Seguimos esperando a anterior demanda coa que nos amezous a Garda Civil por denunciar que daban cursos onde se recomendaba fichar a quen levara simboloxía nacinalista
eu tamén vin a bufandaaa!! O furgón estaba xunta o pazo de Fonseca a mañán do 25. Mágoa de non sacarlle unha foto, pero había policías por alí ao lado e dáme que non deixan sacarlle fotos.
Por certo, non esta prohibido sacar fotos aos Corpos e Forzas de Seguridade pelo por regra xeral, si son conscientes de que están sendo fotografiados ou gravadas, requiren as gravacións por motivoos de seguridade
A unhas amigas miñas soltáronlles unha babosada machista os cans eses,cando iamos de volta para a casa. Tampouco teño probas,pero se queredes busco os maderos para que llo preguntedes a eles...e nos facemos unhas fotos todos xuntos,que lles encanta que lles fagamos fotos.
son uns fillos de puta, non sei para que necesitamos a presencia dos nazi-onales, coa autonomica chega, de todos xeitos a culpa é nosa, coa cantidade de xente que había por moito que carguen os nazi-onales se todos se tiran enriba deles, mais de un nazi volveria cos dentes na man para casa
eu tamen o vin, mais a furgona tiña varios antidisturbios ao lado e para facerlle unha foto... xD
Se na rondalha cargaron media hora antes de que empezara a manifa...mais de 25 furgallas de policia a dar voltas pola porta do camiño cheias de polizias encocadisimos traidos de Leon, como si viñeran de festa aqui, a mallar nos manifestantes, que vergonza, vese claramente como é a sua democracia
E o helicóptero dando voltas continuamente por riba da Quintana. O que provocou unha pitada soprendente por parte dos manifestantes ós medios policial-represor-feixistas.
Non teño foto do helicóptero, pero máis de 10 000 persoas poden corroboralo.
Anónimo, nom fai falta foto do 'helicótaro' esse, que o seu ruído sentia-se na minha casa, em Fontinhas (bastante distante), polo menos até bem passadas as 12 da noite.
si si si españoles pa madrid
o qe se sinta español qe se vaia a vivir ao seu pais
qe non nos veñan a nos de colonizadores
Publicar un comentario