Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Furgonetas da Policia Nacional lucían bufandas coa frase “Esto es España. Y al que no le guste que se vaya” no Día da Patria

Written By Virgulino on 27/7/09 | 0:54

Coches da Policía Nacional destinados á labores de seguridade en Compostela no Día de Galiza levaban bufandas despregadas no parabrisas có texto "Esto es España y al que no le guste que se vaya"

Polos menos dúas furgonetas antidisturbios da Policía Nacional lucían bufandas con lemas considerados provocativos por asistentes aos actos celebrados por distintas organización que participaron nas festividades do Día de Galiza. Dereitos Civís tivo coñecemento por testemuños de que a participación policial nas labores de control e vixilancia foi a máis numerosa dos últimos anos, algo que non evitou enfrontamentos cós manifestantes.

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia que isto se debeu en grande parte a actitude policial. O desproporcionado número de axentes apetrechados con material antidisturbio por toda a cidade creou numerosas situacións de tensión. Nas manifestacións do día 24 pola noite os manifestantes foron escoltados por un sorprendente número de axentes que, con escudos e lanzadoras de pelotas de goma en man, estaban literalmente encaramados aos manifestantes. No propio día 25, fileiras de furgonetas policiais con lanzadoras de pelotas en man, escudos e en situación de alerta facían garda por varios lugares da Zona Vella. A situación era bastante coercitiva; nembargante o que puido supoñer unha verdadeira provocación, e que levou a algunhas das cargas, foi o feito de que varias furgonetas levaban bufandas có texto "Esto es España. Y al que no le guste que se vaya".

Os corpos e forzas de seguridade do Estado deberían ter unha actitude imparcial e conciliadora para evitar que se poidan dar situacións de perigosidade para os cidadáns. Nembargante crear tal ambiente de presión fronte a manifestantes galegos que están celebrando o Día de Galiza e lucindo lemas que resultan ofensivos, sobre todo en día tan sinalado, non parece buscar manter a paz. Os feridos e feridas das cargas que tiveron lugar foron, moi posiblemente, víctimas duha actitude irrespectuosa e provocativa dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Parece evidente que o novo Delegado do Goberno non ten especial interese en que exista un ambiente "armónico" en Galiza.

14 comentarios:

Publicar un comentario