Busca os responsabeis da instalacións das videocámaras do Consello de Conta e da Deputación de Lugo
Protección de Datos abriu sendos expedientes á Deputación de Lugo e ao Consello de Contas para “determinar, coa maior precisión posible, os feitos que ponderan xustificar, no seus caso, a incoación de procedemento sancionador o de infracción das Administracións Públicas, identificando a persoa ou órgano que puidera resultar responsable” da instalación dos dispositivos instalados nos mencionados edificios públicos.
Estes novos expedientes se suman aos xa abertos contra o as Cámaras do CEIP de Arteixo, EGAP, Edificio de Telefónica de A Coruña, Santa Catalina, Rotonda Nirvana de Oleiros, tráfico de Lugo, Zona Azul de Vigo, Tanatorio Vigo EN MEMORIAL...
A pesar do número de expedientes abertos o MpDC dubida da eficacia e coherencia da Axencia Española de Protección de Datos. Últimamente a AEPD pon grandes dificultades para a presentación de denuncias, incluso esixe que se identifique a empresa que instalou á cámara (normalmente chega con dicir onde están instaladas) así como o CIF de empresa instaladora (non o CIF da empresa onde está instalada a cámara). En base a isto, de momento, negouse a investigar a SGAE de Compostela, Facultade de Ciencias de Vigo, Cámaras das fachadas de Caixa Galicia, EGAP, El Correo Gallego e o Centro Galego de Novas Tecnoloxías; decisións que están recorridas en base a que este requirimento se fai de forma aleatoria e sen unha xustificación normativa.
Tamén dita resolucións sorprendente como a relacionada coa instalación de cámaras privadas no exterior dunha vivenda de A Coruña, a AEPD decidiu non sancionar nin á empresa responsable da instalación de ditas cámaras, nin á empresa que se encarga do mantemento, nin ós propietarios da vivenda, porque presuntamente estes empregaron “toda a dilixencia posible para cumprir toda a normativa legal contratando con unha empresa de seguridade autorizada a instalación do sistema de vídeo vixilancia”. Nembargante, quedara demostrado que cometera varias ilegalidades.
A lista de supostos e resolucións incoherentes no eido de protección é moi ampla, e sumase ao feito de que a AEPD non sanciona as Administracións, sendo o seu resultado práctico absolutamente nulo.
Axencia Galega de Portección de Datos
Para o Movemento polos Dereitos Civís faise imprescindible a creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos que investigue as vulneracións que se producen en Galiza e tome medidas efectivas contras os infractores.
A Axencia Española de Protección de Datos abre novas actuacións en Galiza
Written By Virgulino on 23/7/09 | 14:28
Etiquetas:
AGPD,
Concello de Oleiros,
Dereito das Persoas,
Diputación da Coruña,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario