Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Xosé María Álvarez Cáccamo. Escritor.

Written By Virgulino on 16/5/09 | 11:14

Abraia contemplar a impunidade crítica –a ausencia ou insuficiencia das respostas- con que os sectores máis reaccionarios da caverna se entregan á bacanal do que chaman defensa da vida. Defenden a vida milimétrica que aseguran ter localizado no embrión humano, dacordo coa autoridade incontestable de varios especialistas doctorados en irracionalismo e teoloxía, descúlpeseme a redundancia.

Xosé María Álvarez Cáccamo. Escritor. Pero non se pronuncian sobre a pavorosa existencia destinada a esas células cando derivan en corpo monshipócrita pavura permanentemente desobedecida polos mesmos que o condenan. No decálogo dos principios fundamentais do dogma católico, as cláusulas dedicadas ao sexo atinxen un significado omnímodo.

O seme alcanza valor de substancia paradójicamente sagrada e demoníaca: lume vital que non debe ser estragado e visguenta fonte de pracer condenábel cando o estouro orgásmico non ten como obxectivo a fertilidade, a entrega de criaturas ao servizo do deus dos exércitos. O paradoxo desa ambrosía perniciosa e benéfica resultou manifestado en recente discurso alucinatorio proferido polo papa en terras de África, onde habitan mitruoso, tantas veces previsíbel para a ciencia.

Ou aceptan, como manifestación intocábel da vontade de Deus, o sufrimento dos pais e do propio suxeito doente en ofrenda bendicida desde unha perspectiva moral que se fundamenta na adoración da imaxe dun home torturado, en agonía permanente desde hai dous milenios. E sitúan por enriba da vontade da muller violada, das mulleres vítimas de diversas modalidades de violencia patriarcal procedentes da cerna mesma dun sistema que conta coa complicidade substancial das estruturas do poder católico, o mandamento abstracto dunha norma obsesiva, cuxa patológica raíz é o terror do sexo, a aversión ao principio de Eros, a Vida, llóns de cidadáns sobre as causas políticas de cuxa dor imparábel –inxustiza, doenza, fame e morte masiva- non se pronuncia a autoridade vaticana.

En defensa da vida, non ao preservativo, aparello perverso que propaga a sida. En defensa da vida, sexo sen condón, unha vez ao ano, despois de confesar e no leito matrimonial presidido por dous anxos de escaiola. Ou mellor aínda: en defensa da vida, non ao sexo, non á vida. O romano pontífice fixo en África unha maxistral apoloxía da morte en pandemia, esa cruz de agonía que Deus reparte ao seu xeito para compensar coa gloria da dor aos pobres da terra.

0 comentarios:

Publicar un comentario