Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O novo goberno da Xunta

Written By Virgulino on 17/5/09 | 11:11

Estamos a vivir un tempo de resaca tras a cita electoral do 1 de marzo que apartou ao goberno bipartito da Xunta de Galicia para ubicar, de novo, o Partido Popular. Resulta evidente a lexitimidade do goberno presidido por Núñez Feijóo toda vez que ten recibido os votos suficientes das urnas.

Beatriz Sestayo. Parlamentaria. Cecais a lexitimidade sería máis idónea para unha sociedade democrática se a campaña electoral non estivese tan sobrecargada de suciedade, pero, en todo caso, nunha única dúas Consellerías tan importantes como Benestar e Traballo, e máis nestes tempos tan difícis (claro que para algúns máis complicados que para outros), ou o exemplo da manipulación verquida en campaña popular: fronte a promesa dunha Consellería exclusiva para Xustiza, volven ao modelo da Consellería de Presidencia que tanto e tanto teñen criticado dende a oposición.

O novo Presidente fai gala dun imaxinario errático construído por eles mesmos cal son as novas instruccións dadas aos centros escolares para que os nenos e nenas poidan falar en calqueira dos idiomas oficiais e afirman que haberá a xente votou e toca asimilar esa volta á dereita decidida o 1-M.

Cabe sinalar a exemplar asunción de responsabilidades manifestada polo presidente Touriño nun exercicio de decencia democrática da que ás veces andamos tan escasos; non hai màis que ver o que acontece co PP en Madrid e as suas voltas ao Aznarismo e as desculpas das derrotas. Pero tamén por iso somos diferentes.

O goberno que vén é fiel reflexo da dereita: ruptura coa igualdade entre mulleres e homes (nada máis e nada menos tense vulnerado a Lei de Igualdade no Traballo aprobada polo Parlamento de Galicia), xúntanse unha volta ao respecto dos ‘dereitos cívicos’. Antóllase preciso que o goberno Feijóo debería pasar por unhas clases de educación para a cidadanía e coñecer mellor a lexislación, a sociedade e os dereitos. Xunto a esto atopamos curiosas medidas fronte á crise como a amosada polo Conselleiro de Industria que afirma que hai que empezar a pechar explotacións... (!?).

En fin, a verdade é que poucas veces escasos días deron para tantos despropósitos. En todo caso, desde a responsabilidade, nós estaremos atentos porque Galicia non pode ficar atrás.

0 comentarios:

Publicar un comentario