Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Segue a loita polo recoñecemento da apostasía como manifestación dos dereitos fundamentais á liberdade de conciencia e á intimidade

Written By Virgulino on 22/11/08 | 13:11

Nun interesante artigo aparecido recentemente na prensa estatal, Nicolás García Rivas, decano da Facultade de Dereito de Albacete e membro de Europa Laica, analiza os argumentos esgrimidos polo Tribunal Supremo para negar a un cidadán o seu dereito a darse de baixa do rexistro bautismal da Igrexa católica. A decisión do tribunal contrasta coa liña de xurisprudencia seguida pola Audiencia Nacional, que ven concedendo a razón ós cidadáns fronte á pretensión da Igrexa Católica de impedir o dereito de cancelación nos seus rexistros.

Os argumentos expresados pola Igrexa, señala o autor, son de índole varia. Por unha banda, apoiándose nos Acordos concordatarios de 1979, nos que o Estado comprométese a respectar "a inviolabilidade dos arquivos, rexistros e demáis documentos" da Igrexa, esta reclama un estatus xurídico autónomo perante a lexislación estatal de protección de datos. O argumento foi rechazado polo mesmo Tribunal Supremo, aducindo que a norma pode interpretarse só dentro dos límites marcados pola Constitución e sen conlevar en ningún caso a anulación dos dereitos fundamentais recollidos nesta, coma poderían ser o dereito á liberdade ideolóxica e á intimidade.

Sen embargo, o Tribunal Supremo si recoñeceu o outro argumento da Igrexa Católica para rexeitar as sucesivas resolucións de Axencia Española de Protección de Datos, argumento segundo o cal os libros de bautismo non constitúen arquivos de datos persoais, senón simples anotacións históricas. A Axencia Española de Protección de Datos anunciou hai unhas semanas a súa intención de recorrer a sentencia, perante os evidentes erros de interpretación da lei. En primeiro lugar, a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal protexe todas as informacións relativas a personas físicas identificadas ou identificables, como é o caso dos bautizados con nome e apelidos. En segundo lugar, explica Nicolás García Rivas, o artigo 3 da lei desmonta a tese do Tribunal Supremo de que os libros de bautismo non teñen carácter de ficheiros: o único requisito para tal consideración é que se trate dun conxunto organizado de datos de carácter personal, independientemente da súa forma ou modalidade de creación, almacenamento, organización e acceso.

Pouco importa, como sostén o Tribunal Supremo, que a orde cronolóxica dos datos comporte unha búsqueda máis ou menos difícil. O indiscutible é que os datos contidos nos libros de bautismo sitúanse dentro do ámbito de tutela da Lei de Protección de Datos, e constitúen un material particularmente susceptible de protección en tanto que afectan á ideoloxía e á relixión dos cidadáns, ó seu dereito á liberdade ideolóxica e á intimidade. A sentencia do Supremo é por desgracia unha mostra máis dunha resistencia en ámbito xudicial a priorizar os dereitos e liberdades civís fronte a certas institucións con privilexios arcaicos que, trinta anos despois da desaparición oficial do nacionalcatolicismo, resístense a perder.

0 comentarios:

Publicar un comentario