Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A celebración do Día dos Sen Teito reivindica un dos dereitos fundamentais más esquecidos

Written By Virgulino on 23/11/08 | 16:35

Hoxe celébrase o Día Mundial dos Sen Teito, convocado por unha serie de organizacións non gubernamentais para recordar que máis de 30.000 persoas carecen de fogar no estado. Recordemos que a mesma Constitución inclúe no Título I, adicado ós dereitos e deberes fundamentais, un artigo que protexe e regula o dereito á vivenda:

"Tódolos españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para faceren efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para que se impida a especulación.

A comunidade participará nas plusvalías que nazan da acción urbanística dos entes públicos"

A pesar deste mandato constitucional, o dereito á vivenda é un dos grandes esquedidos á hora de afrontar un verdadeiro desenvolvemento lexislativo. Non existe de feito lei algunhba que garanta ese dereito a unha vivenda digna, ou que obrigue ó estado a facer efectivo o dereito.

A implicación de todas as administración é imprescindible, non só para rematar coa realidade dramática das persoas sen fogar, senon para asegurarse de que as vivendas contan cunhas condicións de habitabilidade que as fagan realmente dignas. Un verdadeiro dereito á vivenda é condición indispensable para o desenvolvemento doutros dereitos fundamentais: o dereito á intimidade ou o dereito á dignidade humana.

0 comentarios:

Publicar un comentario