Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Multan a Protección de Datos por criticar o veredicto da apostasía

Written By Virgulino on 22/11/08 | 12:47

O Tribunal Supremo impuxo unha multa de 600 euros á Axencia Española de Protección de Datos por actuar con temeridade pedindo a nulidade de actuacións en relación coa súa sentenza sobre apostasías e libros de bautismo.
O Avogado do Estado, en nome da AEPD, promoveu o mes pasado a nulidade de actuacións da sentenza que exime á Igrexa Católica de rexistrar as apostasías nos libros de bautismo por considerar que estes non son ficheiros de datos. Na súa petición, Protección de Datos sostiña que a motivación desta resolución do Supremo era "manifestamente irrazoable".

En publico.es

0 comentarios:

Publicar un comentario