Contan con Zoom, sistema de captación de imaxes e vídeos. Mesmo así se instalaron en pleno centro do concello, podendo facilmente vulnerar a intimidades dos habitantes dos edificios próximos a súa ubicación.
A Axencia Española de Protección de Datos ven de remitir un escrito ao Movemento polos Dereitos Civís onde afirma que as 10 cámaras de vixilancia e control do tráfico instaladas nas rúas de Santiago de Compostela contan con Zoom, a posibilidade de obtención de imaxes fixas, e de imaxes en movemento. Isto resulta moi grave si se ten en conta que as mencionadas cámaras de tráficos son instaladas sen ningún tipo de control sobre a súa capacidade de enfoque xa que, en principio, para o control do tráfico sería suficiente coa observación das imaxes en tempo real sen a necesidade de que tiveran unha calidade e Zoom da clase que se dan en Compostela.
O que se fai evidente coa información facilitada pola Axencia é que a altura de instalación das cámaras investigadas, entre 10 e 15 metros de altura, permite que enfoquen ao interior de calquera vivenda das súas inmediacións coa capacidade de acercarse para saber o que acontece no seu interior e gravar imaxes e vídeos que non contan con ningún tipo de control pois non están rexistrados no rexistro de imaxes da Axencia Española de Protección de Datos.
Dereitos Civís lembra que xa se utilizaron cámaras de videovixiancia para a vulneración da intimidade de veciños e veciñas en cidades galegas, como foi o caso de Lugo onde axentes da policía local dedicábanse a observar a unha vivenda en lugar de utilizar as cámaras para o fin que foron instaladas. Por ese motivo vai solicitar ao concello a retirada das mesmas que, no caso de non ser aceptada, tramitarase pola vía do contencioso-administrativo.
Cámaras de seguridade sidadá
Esta non é a primeira vez que se denuncian as cámaras de videovixiancia de Santiago de Compostela, as cámaras de seguridade cidadán tamén están denunciadas no xulgado do contencioso e pendente de sentencia pola inseguridade xurídica que supón o feito de que non se sabe cando están gravando, por vulnerar o principio de idoneidade e por instalárense sen as suficientes garantías que esixe a lei de videovixiancia.
As cámaras de tráfico de Compostela poden gravar imaxes do interior das vivendas
Written By Virgulino on 11/8/08 | 9:20
Etiquetas:
AGPD,
Concello de Lugo,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario