Esta vai desde 60000€ a 300000€ por unha infracción moi grave que deberá pagar a empresa de seguridade que instalou o sistema de gravación
A Axencia Española de Protección de datos ven de inicar un procedimento sancionador contra a empresa PROTESE SL pola instalación de cámaras de seguridade na casa do anterior alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, situada na rúa Parrote, 15 desta cidade. As mencionadas cámaras foron instaladas por orde do propietario do inmoble, segundo el, "por motivo de seguridade e se debe a miña situación de amenazado por terrorismo".
Nembargantes a vivenda non conta con autorización para a instalación deses artiluxios de gravación, ni informa aos viandantes de que estan sendo gravados ou onde teñen que acudir para exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de imaxes. Ademáis, o contrato coa empresa de seguridade se fixo o 20 de agosto do 2007 cando as cámaras xa forno denunciadas en xullo deste mismo ano.
Todas estas irregularidades ponden supoñer unha sanción de entre 60000€ e 300000€ que debería ser asumida por PROTESE SL ou Francisco Vázquez.
Outras cámaras en Corurña
O MpDC tamén ten denunciada perante a Axencia Española de Protección de Datos as cámaras duns veciños da praza Santa Catalina que enfocan á rúa. Estas cámaras están na mesma situación que as da Rúa Parrote e suporán, seguramente, unha sanción de similar cantidade para a antedita comunidade de veciños.
Protección de Datos propón sanción á vivenda de Paco Vázquez
Written By Virgulino on 12/8/08 | 9:22
Etiquetas:
AGPD,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario