A institución vaise dirixir novamente á entidade local para lembrarlle o “deber que lle incumbe de axustar a súa actuación ao disposto na Lei Orgánica 4/97”
O Defensor del Pueblo considera que o goberno da Coruña actuou de xeito ilegal ao proceder a instalar as cámaras de vídeovixilancia da estación de autobuses e no edificio de Urbanismo sen contar coa autorización previa necesaria. Así se desprende do escrito que a institución dirixida por Enrique Múgica vén de trasladar ao Movemento polos Dereitos Civís en resposta as queixas tramitadas pola asociación.
O Defensor sinala que “dos antecedentes que constan a esta institución sobre a instalación de cámaras de videovixilancia no edificio da Estación de Autobuses e no edificio de Urbanismo do Concello da Coruña, despréndese que dita corporación procedeu á instalación de videocámaras (...) antes de tramitar e obter a preceptiva autorización do Delegado do Goberno”.
Por este motivo, a institución vaise dirixir novamente ao Concello da Coruña para lembrarlle “o deber que lle incumbe de axustar a súa actuación ao disposto na Lei Orgánica 4/97, de 4 de agosto, e cando considere necesaria a instalación de videocámaras non proceda a iniciar dita instalación ata que non obteña a preceptiva autorización da Delegación do Goberno”.
A respecto das cámaras da estación de autobuses, hai que lembrar que o MpDC xa mantivo un contencioso-administrativo co Concello durante o que se recoñeceu que as cámaras estiveran operativas durante seis meses sen contar coa autorización precisa. Aínda así, a Delegación decidiu conceder a licencia posteriormente á instalación dos dispositivos (unha posibilidade non contemplada pola lexislación actual nesta materia) sen iniciar un proceso sancionador contra a entidade local. A causa desta medida de “graza” o Xulgado do Contencioso Número 3 de A Coruña non condenou ao Concello a retirar as cámaras.

0 comentarios:
Publicar un comentario