O Concello de Santiago de Compostela vén de recoñecer ante o Defensor del Pueblo que nin abriu nin un só expediente sancionador contra aquelas empresas que vulneran a ordenanza de publicidade estática. O goberno local aprobou no ano 2003 a ordenanza municipal sobre publicidade estática, que contemplaba que nas obras en construción se colocasen mupis de publicidade estática.
O concello de Santiago enviara un escrito ao Defensor del Pueblo xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática, no que sinalaba que o único que ía a facer era enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción. Agora, aclara que as súas actuación se “concretan no desenvolvemento de tarefas de control e vixilancia, sen que de estas intervencións se derivara a incoación de expediente sancionador algún”.
A entidade local compostelá incumpre de xeito claro a ordenanza, pois ao estar esta vixente dende o ano 2004, tería que sancionar ás empresas que a incumpriran e non enviar o texto a modo informativo á Federación da Construción.
Como poden observar tódolos cidadáns de Compostela, ningunha empresa da construción habilita os debidos paneis destinados á colocación de cartaces ou outras formas de comunicación social, segundo se recollía no texto da ordenanza. Polo que os cidadáns e asociacións que precisen de realizar comunicación das súas actividades ou programacións deberán facelo en lugares prohibidos, co risco que corren de seren sancionados.

0 comentarios:
Publicar un comentario