A entidade colocou na sé compostelá cinco dispositivos circulares, con capacidade para xirar 180º, que enfocan directamente a vía pública
O Movemento polos Dereitos Civís vai denunciar ante a Axencia española de Protección de Datos as cámaras de videovixilancia instaladas na oficina central de Caixa Galicia en Santiago de Compostela. As cámaras, que non están reguladas pola Lei Orgánica 4/97 por ser de titularidade privada, están incumprindo non obstante, a esixencia básica que se lles pide a este tipo de dispositivos: non enfocar a vía pública.
A entidade financeira instalou cinco cámaras circulares, tres na fachada principal e dúas nas esquinas coas rúas Montero Ríos e Doutor Teixeiro, con capacidade para xirar 180º co que poden obter imaxes de todo o espazo público que circunda ao edificio e dunha ampla área das dúas rúas. A Lei 4/97 establece que só as cámaras instaladas e controladas polas Forzas e Corpos de Seguranza do Estado poderán enfocar e gravar imaxes das rúas, razón esa pola que Caixa Galicia está incumprindo un precepto básico e fundamental para garantir a protección do dereito á intimidade dos cidadáns gravados polos dispositivos.
De igual xeito, a entidade ten a obriga de notificar a Axencia española de Protección de Datos a creación dun ficheiro de imaxes de cara a permitir a todas as persoas que foron gravadas o libre exercicio do dereito de acceso, rectificación ou cancelación dos datos de carácter persoal que conteñan ditas imaxes. Un dereito que se ve vulnerado cando se descoñece quen o titular das gravacións.
O MpDC anima á caixa de aforros a retirar inmediatamente todos os dispositivos ilegais, xa que a escusa da protección dos caixeiros automáticos queda desbotada posto que, se ben é certo que esta oficina foi atacada hai tres anos, non se volveu rexistrar ningún altercado dende entón, mentres que as cámaras son de recente instalación.

0 comentarios:
Publicar un comentario