Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A presunción de veracidade

Written By Virgulino on 2/5/08 | 9:00

Renato Núñez. Voceiro do MpDC

Varias persoas concentráronse diante dunha comisarían en protesta pola detención dun cidadán. Esta concentración rematou cunha carga policial que foi denuncia perante a autoridade competente. Pasado catro meses desde a denuncia a autoridade competente non facilitou información algunha sobre quen autorizou a carga e porque motivo.Nembargante, os axentes denunciaron que houbo intento de toma da comisaría co resultado dun ferido e presentaron denuncia contra varias persoas, ningunha delas fora detida no “altercado” e non se aclara como se demostrou a súa participación no mesmo.

No xuízo os axentes dirixíronse a cada un dos denunciados polos seus nomes e afirmaron que utilizaron pedras, botellas e queimaron contedores na entrada comisaría. Os detidos, sorprendidos pola familiaridade coa que se dirixían a eles, afirmaban que non eran certas as denuncias presentadas e preguntaron onde estaban as pedras, botellas, contedores queimados e O FERIDO.

Nada fora aportado, nin se presentou o suposto agraviado. A pesar das evidencias e contradicións, os reponsables de facer cumprir as leis mantiveron a súa versión e pediron a condena dos detidos. Sen probas, sequera evidencias e todos están pendentes da sentencia.

Lamenta ver como funciona este sociedade, dentro deste sistema, onde ninguén se sorprende polo feito de que os axentes que deben facer cumprir a lei, estudan para iso, entrenanse para iso, cobran para iso e por iso gozan de presunción de veracidade; amañan un xuízo para intentar a condena de varios cidadáns como simple e mero escarmento.

0 comentarios:

Publicar un comentario