Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís denuncia a existencia dunha cámara ilegal nun centro escolar de Arteixo

Written By Virgulino on 3/5/08 | 9:00

Dereitos Civís porá en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos e da Delegación do Goberno a existencia dunha cámara de videovixiancia ilegal nun colexio de Arteixo. A cámara, situada no polideportivo do centro escolar de Meicende, xa está rexistrando imaxes, a pesar de que carece da autorización pertinente. o Segundo se ve nunca fotografía publicada nun medio, o dispositivo está instalado no exterior do edificio, apuntando cara a entrada do mesmo, aínda que tamén recolle imaxes da rúa. A cámara tampouco está debidamente sinalizada.

A noticia facíase pública logo de que as imaxes recollidas pola cámara foran postas a disposición da Garda Civil tras a denuncia dun pai cuxo fillo fora agredido por outros dous rapaces. Agresión que a existencia da cámara no lugar non evitou e aínda falta por comprobar se axudará ao recoñeemento dos agresores.

Ante esta nova ilegalidade en materia de videovixiancia, o MpDC dirixirase á Protección de Datos para averiguar se o colexo informou á Protección de Datos da existencia da mesma, posto que, segundo A Instrucción 1/2006, a persoa ou entidade que prevea a creación de ficheiros de videovixiancia deberá notificalo previamente á AEPD, para a súa inscrición no Rexistro Xeneral da mesma.

Así mesmo, tamén porá este feito en coñecemento da Delegación do Goberno e preguntará se, alomenos, se iniciaron os trámites para a instalación da cámara neste polideportivo, que na actualidade está operativa, aínda que carece de autorización e do informe favorable previo da Comisión de Garantías, neesario para garantir o respecto aos dereitos recollidos no artigo 18 da Constitución española.

0 comentarios:

Publicar un comentario