Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

En realidade, non temos dereitos

Written By Virgulino on 24/5/08 | 19:37

Para as persoas que afirman que vivimos nun Estado de Dereito me gustaría preguntarlles o motivo polo que a Delegación do Goberno sanciona a unha persoa que circula cerca dunha concentración afirmando que participaba nela, pero non investiga o trato vexatorio que esa mesma persoa denunciou que recibiu do axente que o identificou.

Mentres varios veciños de Ourense denuncia perante a Fiscalía á Xefatura Provincial de Tráfico por instalar de forma ilegal videocámaras na fachada da súa casa a Delegación do Goberno non toma ningún tipo de medida para garantir os dereitos destes cidadáns; como tampouco o fixo co veciño de Meis que foi tiroteado pola Policía Nacional, coas cámaras ilegais de Ares ou O Grove ou contra os Policías Nacionais que mentiron nun xuízo inventando unha agresión a un compañeiro que nunca apareceu .

Nembargante os mariscadores de A Coruña que denuncian que se quedan sen traballo son sancionados pola Delegación do Goberno tras seren golpeados pola Forza de Seguridade do Estado, a uns veciños de Pontevedra se lles prohibe unha concentración por estar comunicada fora de prazo (hai que lembra que este é un dereito fundamental que so pode ser limitado en favor doutro dereito fundamental) e cando se pide explicacións polas actuación violentas dos Corpos e Forzas de Seguridade afirman que iso e “asunto reservado”.

Todo isto pasa en Galiza, 30 anos despois do fin dunha ditadura e en pleno século XXI. E nunha sociedade que volve aos seus peores momentos de frustración e aletargamento Unha sociedade que lonxe de escandalizarse por todo isto e pedir contas aos responsables (neste caso o goberno do Estado e á Delegación do Goberno) consideran que é mellor non protestar; que é mellor non acercarse ou participar nunha manifestación, é mellor non denunciar a un axente; total, para que? Ademais, acábaste metendo en problemas.

É compresible esa actitude. O sistema quere que actuemos así e vaino conseguindo pouco a pouco sobre a base da súa innoperancia e a aplicación do medo. Pero mesmo sendo comprensible, é lamentable. Despois de anos de franquismo, e logo tamén, no que moitos activistas sufriron e mesmo morreron para que puideramos vivir nunha sociedade máis xusta, vamos entregar aos nosos fillos unha sociedade con máis medos e menos dereitos.

0 comentarios:

Publicar un comentario