Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor do Pobo acepta unha queixa contra a Axencia Española de Protección de Datos

Written By Virgulino on 27/5/08 | 12:52

O organismo esgotou todos os prazos dos que dispón a Administración para responder a unha pregunta sobre as cámaras de tráfico do Concello da Coruña

O Defensor do Pobo vén de acepta unha queixa presentada polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) contra a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), quen leva meses sen resolver un asunto relacionado coas cámaras destinadas ao control do tráfico do Concello da Coruña. A AEPD esgotou todos os prazos legais dos que a administración dispón para resolver as cuestións presentadas polos cidadáns, mais non ofreceu resposta algunha a Dereitos Civís.

O Defensor vaise dirixir agora a Protección de Datos para investigar porque este organismo non acusou recibo da queixa, como está obrigado a facer segundo a normativa de procedemento, nin respostou dentro do prazo marcado pola lei. Hai que lembrar que o MpDC iniciou unha campaña de envío masivo de denuncias de cámaras ilegais á Axencia, para denunciar o colapso que existe neste organismo, con ducias expedientes acumulados e sen resolver mentres se continúan a vulnerar os dereitos fundamentais dos cidadáns. O Obxectos da asociación é que a AEPD tome medidas para paliar a parálise funcional na que se atopa, xa que asegurar contar só con 14 funcionarios para resolver todos os expedientes e solicitou á Dereitos Civís que limite os seus escritos a un por semana.

A situación de colapso na que se atopa Protección de Datos dá conta da inseguridade na que se atopa a defensa dos dereitos no Estado. Sobre este punto, dende a asociación lembran que o Valedor do Pobo, unha institución creada especificamente para protexer aos cidadáns fronte as actuacións da Administración, enfróntase a unha denuncia no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por negar o dereito de acceso.

0 comentarios:

Publicar un comentario