Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo continúa sen decidirse a declarar “entidade hostil” ao Concello de Padrón

Written By Virgulino on 22/1/08 | 13:29

Enrique Múgica dirixiuse en catro ocasións o pasado ano á entidade local para reclamar explicacións pola prohibición de empregar as dependencias municipais

O Defensor del Pueblo continúa sen pronunciarse sobre a actuación do Concello de Padrón nos últimos anos a respecto da prohibición de utilizar as dependencias municipais polos grupos políticos. O pasado mes de novembro, o Movemento polos Dereitos Civís pediu á institución presidida por Enrique Múgica que declarase “administración hostil e entorpecedora” ao Concello de Padrón, logo de que éste presentase varios requerimentos e tras dezanove meses dende o inicio do expediente. O Defensor del Pueblo, a instancias do MpDC, reclamou durante o 2007, ata en catro ocasións distintas, información ao goberno de Padrón co obxectivo de coñecer as razóns alegadas para negar sistematicamente a utilización das dependencias do Consistorio por parte das demais forzas políticas, tanto para desenvolver as súas actividades como para manter reunións cos colectivos de veciños. Non obstante, a asociación que defende os dereitos dos cidadáns na Galiza agarda que Múgica adopte unha decisión final e considere entidade entorpecedora ao municipio coruñés no informe anual que se presenta nas cortes estatais.

A medida serviría para “dar un toque de atención” ao Concello polo seu o reiterado e deliberado incumprimento cos deberes legais de colaboración coa administración, así como pola teima no incumprimento da normativa vixente. O cambio político operado na entidade local tras as pasadas eleccións municipais albiscaba a posibilidade de modificar a actitude obstrucionista mantida polo ata entón alcalde, Jesús Villamor. Aínda así, a actual Corporación continúa sen respostar aos requerimentos do Defensor del Pueblo e sen dar solución a este problema. Por esta razón, dende o MpDC animamos ao Defensor para que declare “entidade hostil” a Padrón co obxectivo de mostrar á administración pública que non é quen de saltar por riba da legalidade cando o seu cometido é precisamente gardar o cumprimento da mesma.

0 comentarios:

Publicar un comentario