Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Xulgado insta ao Concello da Coruña a remitir a documentación sobre as vídeocámaras

Written By Virgulino on 16/5/07 | 10:11

Deberá informar do expediente administrativo nun prazo de dez días

O MpDC exixe unha retirada inmediata das cámaras instaladas sen permiso


O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de A Coruña, ante o cal o Movemento polos Dereitos Civís presentara un recurso contencioso-administrativo, vén de instar ao Concello da Coruña a remitir “urxentemente” o expediente administrativo que corresponda en relación á instalación de vídeocámaras, nun prazo máximo de dez días.

O Movemento polos Dereitos Civís vén solicitando desde o ano pasado que o Concello da Coruña aclare a legalidade das vídeocámaras instaladas no edificio de urbanismo e na estación de autobuses. Aínda que as cámaras xa están instaladas, a Delegación do Goberno en Galiza xa confirmou que foron colocadas sen o permiso pertinente por parte do concello coruñés. O MpDC esixe que, despois deste novo paso no proceso de denuncia, o concello retire de inmediato as cámaras instaladas sen permiso.

Do MpDC consideramos moi grave que este concello salte de novo por riba da legalidade nunha materia que afecta a dereitos fundamentais da cidadanía, evitando así todos os procedementos minimamente garantistas que están establecidos na lexislación. O noso organismo recurrirá tamén ante o Defensor del Pueblo e ante a Axencia de Protección de Datos para obrigar ao Concello da Coruña a retirar as vídeocámaras

Queremos denunciar que as autoridades non colaboran coa cidadanía nen respeitan os seus dereitos; así, recentemente o MpDC denunciaba que a Delegación do Goberno encobría as posíbeis instalacións ilegais dos sistemas de vixilancia ao negarse a dar a coñecer os concellos autorizados á instalación destes dispositivos. De novo unha institución contradicía a lei a conveniencia, xa que a Lei que regula o control das vídeocámaras si establece que deben ser de coñecemento público, e mesmo obriga a sinalizalo nas rúas nas que están instaladas.

0 comentarios:

Publicar un comentario