Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Galiza é a comunidade do Estado Español con maior incremento de casos de tortura denunciados

Written By Virgulino on 14/5/07 | 13:31


A Coordinadora para a Prevención da Tortura presentou en Compostela o seu informe sobre o Estado español no ano 2006, que presenta as 610 denuncias recollidas ese ano e realiza o seguimiento de denuncias realizadas en anos anteriores. Este é o terceiro ano no que se presenta desde a Coordinadora un informe destas características, informes a través dos que constatamos a pervivencia deste problema no Estado español, posto que entre os anos 2001 e 2006 recollemos 4.196 denuncias. Esta realidade lévanos a esixir un correcto desenvolvemento dos mecanismos de control como os propostos polo Protocolo Facultativo da ONU contra a Tortura, un mecanismo que debe contar coa participación da sociedade civil, como exemplifican iniciativas como a proposta non de lei aprobada recientemente polo Parlamento de Galiza, así como a proposta estatal que presentamos desde a Coordinadora.

No informe 2006, as 610 denuncias recóllense en 266 casos ou situacións distintas, a maioría dos cais veñen de Catalunya e Galiza, comunidades que non só son as que máis casos acumulan senón que, ademais, incrementaron un 85 e un 133% os casos denunciados, respectivamente. Destes casos concluímos que as torturas e malos tratos afectan a todos os grupos sociais, aínda que a maioría das denuncias son presentadas por sindicalistas e persoas vinculadas a movementos sociais. Igualmente, membros de todos os corpos e forzas de seguridade do Estado foron denunciados. Igualmente recolléronse resumos dos distintos organismos internacionais (como a CPT ou o Relator Especial da ONU contra a Tortura) que denuncian a persistencia da Tortura no Estado español, así como a falta de vontade para acabar con ela por parte dos distintos Gobernos.

Analizando o incremento das denuncias en Catalunya e Galiza a análise da Coordinadora é que se debe, non tanto a un aumento dos casos que se poidan dar, senón a que o tecido asociativo destes territorios axudou a unha mellor visualización dos casos existentes. Este exemplo reafírmanos a importancia da sociedade civil na denuncia da tortura e a necesidade de novos mecanismos de control, posto que estamos convencidos de que os territorios nos que se dan menos denuncias non é tanto por que se dean menos estas situacións, senón porque o tecido asociativo é menor e as canles de denuncia vense reducidos, expresando a nosa preocupación polas poucas denuncias recibidas de colectivos que sabemos por outros lugares que están especialmente desprotexidos, como poidan ser @s migrantes e @s pres@s.

Ademais destas xeralidades existen casos concretos como o espectacular aumento das denuncias contra os Mossos d’Esquadra en Catalunya e máis en concreto en Barcelona, cidade onde se recolleron máis de 100 denuncias. É por iso que os grupos cataláns da Coordinadora presentaron a súa propia proposta de mecanismo de control no Parlament. Ademais, ante os últimos casos ocorridos na comisaría de Lles Corts en Barcelona, a Coordinadora quere denunciar a actitude dos Mossos d’Esquadra gravadas polas cámaras instaladas na mencionada comisaría, así como criticar a reposta dos sindicatos policiais que xustifican estas malleiras e critican a instalación das cámaras que gravaron os feitos.

En Galiza, onde se recolleron 16 casos que afectan a 49 persoas, a preocupación é comprobar como aumenta o número de denuncias contra as policías locais (algo que tamén se dá a nivel estatal), así como a comprobación das dificultades xudiciais no seguimiento das mesmas, que nos demostra a falta de interese en investigar os casos que se denuncian. Esta actitude xudicial pecha o círculo de impunidade que rodea a Tortura, que se completa co elevado número de causas arquivadas, a levedade das condeas nos poucos casos que se dan e o indulto gobernamental dos casos condenados.

O Informe Completo

COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA:

Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura (ACAT) - Alerta Solidària - Asociación APOYO - Asociación EXIL - Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans - Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento -Asociación Contra la Tortura - Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia - Asociación Libre de Abogados - Associació Memòria Contra la Tortura - Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) - Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón (ASAPA) - Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos/Euskal Herriko Giza Eskubideen) - Centro de Asesoría y Estudios Sociales (CAES) - Centro de Documentación Contra la Tortura (CDDT) - Comissió de Defensa del Col.legi d'Advocats Barcelona - Comité Anti-Sida de Lugo - Concepción Arenal - Comité de Solidaridad con Euskal Herria de Madrid - Coordinadora Antirrepressiva de Gràcia - Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá - Coordinadora de Barrios de Madrid - Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas (CESPP) - Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades) - Eskubideak (Euskal Abokatuen Elkartea) - Etxerat (Euskal Errepresaliatu Politikoen Elkartea) - Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga - Federación Enlace - Fundación Érguete - Gurasoak - Grupo 17 de marzo (Sociedad andaluza de juristas para la defensa de los DDHH) - Institut Drets Humans de Catalunya - Justicia i Pau - Movemento polos Dereitos Civis (Galiza) - Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la UB (OSPDH) - PreSOS Extremadura - PreSOS Galiza – Rescat - SalHaketa(Bizkaia) - SalHaketa (Araba) - Sos Racisme Catalunya - Torturaren Aurkako Taldea (TAT) - Santurtziko Torturaren Kontrako Taldea - Xustiza e Sociedade

0 comentarios:

Publicar un comentario