Ameijeiras recurre á forza en vez do diálogo en todos os conflictos
O MpDC quer manifestar a súa repulsa por unha nova actuación desproporcionada da Policía Nacional no noso país, neste caso anunciada previamente polo Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, e dirixida nesta ocasión contra os mariscadores de Ferrol. A carga policial prodúcese nun contexto de protestos contra a entrada de buques gaseiros xa que se denuncia a ausencia dun plano de emerxencias fronte a accidentes. A carga produciuse cando os mariñeiros xa se dispoñían a abandonar a zona. A policía antidistrubios bloqueou toda a mañá o peirao, co cal tamén tería impedido o dereito de traballar dos mariñeiros que así o desexasen.
Do MpDC queremos reiterar que a solución aos conflictos sociais non está na policialización dos mesmos. A sociedade debe ser consciente dos seus dereitos e mobilizarse ante esta actitude, xa que a sensación de impunidade desde as institucións é tal que a Delegación do Goberno permítese anunciar con antelación o recurso á forza. Sen embargo, unha resposta violenta como esta por parte da Delegación do Goberno non axuda en absoluto a aclarar os feitos denunciados polas mobilizacións cidadá, como se as autorizacións están en regla, o risco existente para a poboación que vive na zona ou as consecuencias para o traballo dos mariscadores. O goberno e as institucións deberan buscar solucións aos conflictos de fondo e promover o diálogo. A Delegación do Goberno actúa nunha liña contraria: recentemente, o MpDC presentaba na Coruña un Informe no que se analisaba a utilización da forza policial contra colectivos de todo tipo na cidade da Coruña durante os últimos dous anos; e tamén recentemente, organizabamos unha exposición sobre o vivido na folga do metal do ano pasado, xusto antes de que comezara unha nova folga na que tamén se producían novas detencións de traballadores.
O MpDC denuncia a responsabilidade da Delegación do Goberno na nova carga policial
Written By Virgulino on 10/5/07 | 12:47
Etiquetas:
Concello de Ferrol,
Delegación do Goberno,
Dereito á folga e libre sindicación,
Dereito das Persoas,
dereitos dos traballadores
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario