O actual alcalde plantexouno como unha proposta eleitoral
A experiencia en Galiza demostra que a súa utilidade para a seguridade é nula á vez que non se respeita a legalidade
Diversos concellos renunciaron a instalalas despois de estudar a súa colocación
O alcalde de Burela, José González Barcía, –e candidato do Partido Popular á reelección- afirmou nos últimos días que quería instalar vídeocámaras para controlar a “movida” nesta localidade. Aínda que González Barcía recorre aos típicos lugares comúns nestes casos - “función disuasoria, convivencia, vandalismo, etc...”- desde o MpDC queremos lembrarlle que foron varias as cidades e vilas de Galiza que optaron nos últimos anos por colocar cámaras de videovixilancia ou estudar a súa instalación para en lugares moi concorridos, sen que se teña constancia de que se solventara un só ilícito legal pola utilización das mencionadas cámaras.
A poboación, polo xeral, ve de bo grado medidas que palien os ruídos nocturnos pero non saben que desta forma están sendo controlados case durante as 24 horas do día sen que os resultados obtidos xustifiquen esa intromisión na súa intimidade. Porén, queremos lembrar a cidadanía está dacordo tamén en medidas de concienciación social e outras iniciativas que non vulnerarían os dereitos dos cidadáns.
Así, está demostrado que as videocámaras supoñen unha violación do dereito á intimidade e á propia imaxe, e as administracións non teñen colaborado na imposición de garantías para a cidadanía, nomeadamente o acceso ás imaxes ou a garantía da destrucción inmediata das imaxes que non se utilizan. De feito, Segundo a propia lexislación española, a instalación de cámaras constitúe un sistema de control que debe considerarse excepcional e, en consecuencia, reservarse para circunstancias igualmente excepcionais.
Queremos lembrar ademáis que existen diversos precedentes: no caso positivo temos os de Boiro, onde se estudou recentemente a colocación de vídeocámaras para controlar as zonas de movida, e finalmente foi desestimada. Como exemplo negativo da utilización perversa das cámaras, está o concello de Ribeira, que despois de instalar dispostivos de videovixiancia para supostamente controlar a zona azul da localidade coruñesa e o tráfico da vila, foi denunciadoante a Axencia de Protección de Datos pola exhibición nos medios de comunicación dunha imaxe de dúas persoas mentres pelexaban, unha función para a cal evidentemente non estaban instaladas.
Por último, lembrámoslle ao alcalde de Burela que terá en todo caso, de seguir adiante a súa proposta, que aterse e respeitar a legalidade vixente, e que xa hai varios concellos, como o de Compostela e o da Coruña, con recursos contenciosos aceitados nos xulgados, por non acreditar a consecución dos permisos, mesmo moito tempo despois da instalación das vídeocámaras.
O MpDC alerta dos perigos da instalación de vídeocámaras en Burela
Written By Virgulino on 16/5/07 | 13:34
Etiquetas:
AGPD,
Concello da Coruña,
Concello de Ares,
Concello de Boiro,
Concello de Ribeira,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario