Inúteis para a súa función, colocadas ilegalmente e violadoras dos dereitos cidadás
Este fin de semana os meios de comunicación volvían facerse eco de varios casos de vandalismo en Compostela, citando a rotura de varios escaparates nunha librería e nun restaurante no casco vello. Diversas asociacións teñen reclamado unha solución inmediata a estes problemas, voces das que rapidamente se fan eco os meios de comunicación. Do MpDC queremos comezar por desmontar a paranoia securitaria e lembrar que, apesar da alarma suscitada nos medios, Galiza ten a taxa de delitos máis baixa do Estado Español, -segundo recoñece o propio subdelegado do goberno- e mesmo Compostela é a cidade con menos casos rexistrados de “vandalismo”.
Sen embargo, as autoridades municipais xa descubriran hai oito anos esta suposta “solución” rápida, coa instalación de vídeo-cámaras desde o ano 1999 no casco vello, e nomeadamente tamén no Toural e nas proximidades, onde acontecían estes incidentes; unha e outra vez, as cámaras demostranse como inúteis nas funcións que pretenden cumprir: non serviron en toda a súa existencia para resolver un só delito ou dano calquera contra o mobiliario urbano ou contra a propiedade privada.
O MpDC anima ao concello a retirar definitivamente as videocámaras, que non están justificadas por causas excepcionais e non cumpren coa súa función, e apostar por outro tipo de medidas de concienciación social ou ocio alternativo. Ademáis as vídeocámaras en Compostela están colocadas de xeito ilegal, sen os permisos pertinentes, e incumprindo as garantías legais, como o dereito dos cidadáns a acceder ás imaxes e as garantías de que son destruídas e de que só ser usadas para a resolución de delitos.
O MpDC anima ao Concello de Compostela a retirar as vídeocámaras definitivamente
Written By Virgulino on 16/5/07 | 13:57
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario