Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC saúda o probábel cambio de alcaldía en Padrón

Written By Virgulino on 29/5/07 | 12:52


Villamor leva máis dun ano negándose a colaborar nun caso de discriminación dos grupos da oposición, que non poden utilizar os locais públicos

Nen sequera facilita información ante o Defensor del Pueblo






O MpDC manifesta a súa alegría ante a posibilidade de que se produza un cambio de goberno en Padrón, -de confirmarse este nas próximas datas-, dada a actitude obstruccionista da alcaldía actual de Jesús Villamor, que leva máis dun ano negándose a colaborar na resolución de situacións que afectan a dereitos fundamentais.



O MpDC vén de receber unha nova comunicación do Defensor del Pueblo que afirma que “desafortunadamente, o Concello de Padrón persiste na súa actitude” de non envíar os informes que se lle solicitan. O Defensor lémbralle de novo o deber de colaborar que ten a institución local para resolver a queixa.



O Concello de Padrón non permite aos diferentes grupos políticos da Corporación municipal utilizar ningún tipo de salón, local ou para reunirse cos veciños e asociacións do concello. Todas as solicitudes presentadas polos grupos da oposición, para a obtención do correspondente permiso para poder utilizar instalacións públicas, son sistematicamente denegadas. Neste concello, no que ao parecer non está regulado o uso destas instalacións, o alcalde discrimina aos grupos da oposición e vulnerar o dereito de reunión, algo que, no entanto, vai contra a legalidade vixente das entidades de réxime local. Ademáis, o Concello negouse a esclarecer a situación ante as queixas do MpDC e aínda contra as insistentes reclamacións do Defensor do Pobo.

0 comentarios:

Publicar un comentario