O MpDC considera que a falta de respecto cós dereitos da cidadanía poido pasar factura ao Sr. Sánchez Bugallo, así como propostas como a Rúa Manuel Fraga Iribarne. No ano 2006 o Concello de Compostela foi recriminado en dúas ocasións polo Defensor del Pueblo por non facilitarlle información cando esta Institución llo solicitou ata en 4 ocasións distintas. En moitas outras ocasión a Institución que preside Enrique Múgica tivo que reiterar varias veces a súa petición para lograr o seu obxectivo. Tamén os Xulgados do Contencioso Administrativo tiveron que ameazar ao Concello con sanción ante a falta de contestación as súas solicitudes de información. Por regra xeral o Concello de Compostela tampouco contesta ás petición formuladas no dereito de petición (dereito fundamental recollido no artigo 29 da CE e que goza dunha especial protección).
No referente a denuncias contra a actuación da Policía Local, os responsables non tomaron ningunha medida aínda cando varios axentes foron condenados nos últimos anos por lesións; e veciños de Compostela dirixíronse a esa Administración para que tomara medidas.
Por outro lado os anteriores responsable non permite o acceso a imaxe gravadas en lugares públicos, dereito recollido en varias normas de obrigado cumprimento e con rango de lei que busca garantir o dereito a imaxe. Ademais, utilizaron as cámaras de tráfico para o control da cidadanía, algo prohibido pola lexislación vixente.
Tampouco se respectou a Ordenanza de Publicidade Estática, sancionando ás asociación que buscan promover as súas actividade mentres non sancionou a ningunha empresa de construcción por non facilitar os espacios de libre expresión nos peches das súas obras (tal e como obriga a ordenanza).
A lista de incumprimentos é ampla e non necesita a creación de novos mecanismos de control como o estatuto do cidadán (non se propuxo, por exemplo, unha comisión cidadán na que estean colectivos que defenden os dereitos civís, cos que non se mantivo ningunha reunión nos últimos catro anos) moi semellante a carta de dereitos que propón a Presidencia da Xunta, e si o cumprimento da lexislación existente. Neste sentido o MpDC pide ao goberno entrante:
O Cumprimento da Lei e do Regulamento de Vídeovixilancia
A investigación das denuncias contra a Policía Local
Respecto aos Dereitos recollido no Titulo I da Constitución; por exemplo o Dereito de Petición
Observancia do Dereito Administrativo
Desenvolvemento pleno da Ordenanza de Publicidade Estática.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario