O MpDC pide ao Goberno entrante de A Coruña que retire as cámaras de videovixiancia e deixe de personarse nas causas sobre o topónimo
Written By Virgulino on 29/5/07 | 10:54
Lembra que sigue existindo varios cidadáns imputados por reivindicar a utilización do topónimo A Coruña mentres o concello utiliza o deturpado “La Coruña”
O MpDC considera que a falta de respecto cós dereitos da cidadanía puido pasar factura ao Partido Socialista en A Coruña e pide que retire as cámaras de videovixiancia instaladas ilegalmente. Lembra que a día de hoxe o Concello está imputado por instalar cámaras sen permiso na Estación de Autobuses e estase a comprobar a legalidade da instalación noutros dous edificios da localidade.
Por outro lado o MpDC pide que o concello se retire dos casos nos que hai veciños da cidade imputados por reivindicaren a utilización do Topónimo oficial. Nese sentido lembra que existen causas pendentes nos que cidadáns de A Coruña están pendentes de resolución por esixiren que se cumpran as sentencias dictadas polo Tribunal Supremo e que obriga a utilizar o Topónimo “A Coruña”. De ser así, o MpDC retiraría a causa pendente que existe contra Paco Vázquez por negarse a cumprir as mencionadas sentencias e investir 300.000€ do erario nunha causa absolutamente ilegal.
Etiquetas:
Concello da Coruña,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario