Gert Genisser, músico de rúa, denunciara unha detención ilegal con violencia física e verbal
De novo o Concello de Compostela négase a colaborar co Defensor del Pueblo, unha institución encargada de velar polos dereitos cidadás que tan frecuentemente se violan na cidade de Compostela e en moitos casos nos que o responsábel é o mesmo concello compostelán, como neste caso. O Concello non quer colaborar no esclarecemento destas actuacións policiais e pón todo tipo de limitacións e incumprimentos da lexislación, non só en relación ás queixas presentadas polo MpDC, senón ante os requerimentos de outras institucións.
Gert Genisser fora conducido á comisaría en diversas ocasións só polo feito de tocar a gaita na zona vella de Compostela sen o permiso que o Concello lle exixe aos músicos de rúa. Xa no 2001 a Policía Local lle rompera dúas gaitas. A Policía chegou a exixirlle que abandonara a cidade. Sen embargo, foi o músico quen foi xulgado por desobediencia, aínda que el tamén denunciou aos axentes pola súa detención ilegal, as graves aemazas, agresións físicas e coaccións ás que foi sometido. Actos coma estes da Policía Local santiaguesa son habituais, con contínuos abusos de poder e extralimitación das súas funcións.
O MpDC tenlle lembrado ao Defensor del Pueblo que ten formulado en reiteradas ocasiones peticións de información ao Concello de Santiago sen recibir resposta, nalgún caso referido a actuacións que se remontan a 2005. O Concello de Santiago de Compostela demostra ser absolutamente irrespetuoso coa Institución, e ademais ignora as continuas denuncias formuladas contra membros da Policía Local, sen tomar cartas no asunto.
O Defensor do Pobo insta ao Concello de Santiago a proporcionarlle información sobre os abusos da Policía Local
Written By Virgulino on 2/5/07 | 11:53
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario